• Buscador
  • Contactenos
  • separador
  • SUSCRIBASE
  • Anuncios clasificados
Agrodigital

la web del campo

  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Frutas y hortalizas
    • Vino
    • Olivar
    • Remolacha y azúcar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
    • Insumos agrícolas
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • Política agraria España
    • Política agraria países terceros
    • OMC-Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • Artículos
Está aquí: Home / Política agraria / PAC España / A Xunta mantén as inspeccións e o rexistro dos danos do xabaril ata pasar as municipais pese a non dispoñer de orzamento

           
Con el apoyo de

A Xunta mantén as inspeccións e o rexistro dos danos do xabaril ata pasar as municipais pese a non dispoñer de orzamento

23/03/2011

UUAA quere denunciar a actitude de engano cara os agricultores e gandeiros por parte da Consellería do Medio Rural, con respecto ao pago das axudas dos danos do xabaril pese a non dispoñer do orzamento necesario para afrontalas. Segundo os orzamentos da Consellería do Medio Rural, para o presente ano 2011, só figuran consignados 183.200 euros, concretamente no apartado ‘indemnización por danos’, cantidade que permitirá cubrir unicamente os desperfetos producidos polo lobo, que se cifran en torno a uns 160.000 euros ao ano. Pola contra, este orzamento non alcanzará para cubrir os danos producidos polo xabaril, dos que a Xunta viña documentando nas súas inspeccións, máis de 500.000 euros anuais en compromisos de pagos, a pesares do tope de 1.500 euros por explotación afectada.

Aínda que dende algúns Servizos Provinciais de Caza, responsables das inspeccións de campo dos danos da fauna salvaxe xa advertiran de que non se ían tramitar novos expedientes nin facer máis visitas de inspeccións, debido á falta de orzamento, UUAA observou un cambio de actitude na Consellería do Medio Rural, que pide que se manteñan as inspeccións alomenos ata pasadas as eleccións municipais de maio. Preténdese con esta medida reducir a crispación entre os gandeiros afectados, especialmente de cara ao inicio da campaña da sementeira do millo forraxeiro que coincidirá no mes de abril, que coincide coa véspera electoral. Ademais, cabe lembrar que se levan sen pagar os danos do xabaril dende mediados do ano 2009.

Segundo Jacobo Feijoo, secretario de Desenvolvemento Rural de UUAA, “de confirmarse estes extremos, ao abandono que supón a falta das axudas, engádese agora a burla a un colectivo ao que se lle está a terminar a paciencia con este tema”.

Galicia cultiva o 68% do millo forraxeiro de toda España, e dende UUAA estímase que alomenos un 10,5% da superficie deste cultivo anual se ve afectada polos ataques do xabaril, feito especialmente grave nun ano de suba dos custes de produción, e de encarecemento récord dos pensos animais, propiciado pola suba das materias primas nos mercados internacionais.

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Escriba un comentario: Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Lo último sobre PAC ESPAÑA

  • El FEGA revisa los importes provisionales de los ecorregimenes ¡Consúltelos! 19/11/2025
  • ¿Qué novedades hay en la PAC 2026? 19/11/2025
  • ASAJA pide un fondo permanente de crisis en el presupuesto andaluz 2026 19/11/2025
  • Cataluña abre su 1ª convocatoria para arrendar tierras agrarias en desuso 18/11/2025
  • Cataluña amplía la línea Agroliquidez con 37,5 M€ adicionales 18/11/2025
  • Valladolid será la sede del Foro DATAGRI 2026, referente europeo en digitalización agroalimentaria 18/11/2025
  • Planas anuncia 27,8 M€ a ayudas para agricultores y ganaderos afectados por los incendios 07/11/2025
  • Cajamar analiza el futuro del trabajo agrario 07/11/2025

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2018 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web y obtener analítica web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo.Estoy de acuerdo