Un estudo realizado por Unións Agrarias-UPA a nivel nacional que contrasta datos de recibos pagados aos gandeiros en varias comunidades autónomas, reflicte que os prezos, aínda que con algunha variación en función da zona, repiten tendencia en marzo, cunha propensión á baixa por parte de Lactalis, que desbancou a Leite Río e a Celta deses postos. A organización sindical sinala ademais que esta tendencia é absolutamente a contraria da que se está dando no resto do mundo.
Concretamente en Galicia, Lactalis, que recolle o 11% da produción nesta Comunidade, foi a que menos pagou o leite en marzo a razón de 0,30e/litro.
Unións Agrarias-UPA destaca ademais as empresas que máis pagan aos gandeiros españois polo leite, que son a cooperativa cordobesa COVAP (0,36e/litro), CLAS (0,341e/litro), Danone e Kaiku (0,33e/litro), e nunha pinza de 0,315e a 0,33e/litro sitúanse Pascual, Nestlé, García Vaqueiro e Puleva. En Galicia, Pascual é a que máis paga polo leite a 0,31e/litro.
A organización sindical denuncia unha vez máis este tipo de prácticas abusivas, que non dan ao gandeiro a posibilidade de concertar ou negociar e trasladaraas de novo ao Ministerio de Medio Ambiente, e Medio Rural e Mariño e ás Comunidades Autónomas, exhortándoos a posicionarse en base a se van a permitir este tipo de actuacións ou se van a pór ao lado dos gandeiros .
Unións Agrarias-UPA lamenta a actitude destas empresas que lonxe de conseguir o beneficio e o valor engadido na venda dos produtos, fano pagando menos aos gandeiros e provocando a ruína e a penuria económica en zonas onde a produción de leite é alternativa principal.






Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.