A organización profesional agraria Xóvenes Agricultores-ASAJA Galicia amósase moi preocupada diante das informacións que está a recibir na súa rede de oficinas de diversos asociados sobre incidencias co gasóleo agrícola. A nosa organización quere chamar a atención das autoridades administrativas, nomeadamente da Delegación do Goberno en Galicia, pola recepción de queixas de gandeiros motivadas por múltiples e graves avarías nos tractores, supostamente pola mala calidade do gasóleo.
As notificacións de incidencias chegadas ás oficinas de Xóvenes Agricultores-ASAJA Galicia falan de que talleres de maquinaria agrícola están a tratar, en distintas comarcas galegas, unhas 10 incidencias por mes en relación con inxectores e bombas, todos en maquinaria nova ou de última xeración.
En moitos casos, as reparacións oscilan entre 1.000 e 6.000 euros. Os técnicos dos servizos oficiais de reparación das marcas de tractores consideran que os danos se causaron por auga ou deficiente calidade do combustible.
Xóvenes Agricultores quere facer un chamamento ás autoridades para que analicen a situación e, no seu caso, adopten as medidas pertinentes para que estes incidentes non se volvan a producir.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.