O sindicato Unións Agrarias vén de solicitar unha ampliación do prazo para que os gandeiros e agricultores poidan presentar as licencias para optar ás axudas enmarcadas no programa de plans de mellora das instalacións agrogandeiras. Este prazo remata mañá venres, 30 de setembro.
O motivo da solicitude do sindicato agrario son os constantes atrancos burocráticos que están a atopar os solicitantes cando teñen que recadar toda a documentación necesaria. Así as recentes eleccións municipais trouxeron consigo cambios nos consistorios polo que algúns se están a encontrar con retrasos na tramitación de licencias de obras. A isto hai que engadir os problemas detectados na tramitación de certificados de impacto ambiental, que tamén se están a retrasar.
Por todos estes motivos, desde UUAA solicítase unha ampliación deste prazo xa que na conxuntura económica actual, os gandeiros e agricultores necesitan todos aqueles recursos que se poñen ao seu alcance para garantir a súa supervivencia.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.