A organización profesional agraria Xóvenes Agricultores-ASAJA Galicia vai pedir na próxima reunión da Mesa do Viño da Denominación de Orixe Rías Baixas un incremento de prezos da uva para as próximas campañas, toda vez que a proposta plantexada nestes momentos se considera francamente insuficiente. A xuntanza se celebrará en Pontevedra o vindeiro luns, día 23 de abril.
Dende Xóvenes Agricultores consíderase que, debido á suba sufrida polos viticultores nos seus custos de producción, os prezos ata agora vixentes para os contratos homologados necesitan ser revisados, coas súas baremacións específicas de calidades, e axustados á alza para os próximos tres anos.
Con esta demanda de incremento de prezos, Xóvenes Agricultores quere expresar o seu compromiso na defensa dos intereses dos produtores e abogar polo mantemento dos contratos, unha fórmula que conseguiu dar estabilidade e prestixio á producción do viño da D.O. Rías Baixas. Os novos contratos estarán en vigor durante os vindeiras tres campañas.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.