Logo de ser difundido no día de hoxe o acordo de sobresemento provisional por parte do Xulgado Número 1 de Santiago, da causa por un delito de prevaricación de dous directores xerais da Xunta de Galicia en relación as inspeccións realizadas nas sedes de UUAA en 2010, esta organización manifesta o seguinte:
Primeiro.- Dito auto foi notificado ás partes con data 1 de Xuño de 2011. Dito auto non é firme. Contra el cabe interpoñer primeiro recurso de reforma (ante a mesma Xuíza) e se este fora desestimado recurso de apelación.
Segundo.- O auto acorda o sobreseemento PROVISIONAL (que non libre) da causa e Unións Agrarias recurrirá a decisión posto que a instrucción deixou claro por boca dos representantes da Xunta de Galicia que declararon nela o seguinte:
1.- Que a organización agraria non cometeu ningunha irregularidad nin ilegalidade das que foi acusada por parte de responsable políticos do Partido Popular e da Xunta de Galicia.
2.- Que, por tanto, o procedemento de falsas inpeccións iniciado con unha celeridade e inusitada o 7 de Xuño, despois da aparición do Sr. Rodríguez Miranda o un de Xuño segue as mais que curioso ilegal porque supón unha desviación de poder que acada a prevaricación.
Terceiro.- Unións Agrarias manifesta a súa plena confianza na Xustiza e no dereito a defender a súa honorabilidade e a das 11.000 persoas que forman parte delas.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.