O sindicato Unións Agrarias vén de solicitar racionalización e unha ampliación do prazo para que os gandeiros e agricultores poidan presentar as licencias de obra para optar ás axudas enmarcadas no programa de Plans de Mellora das instalacións agrogandeiras. Este prazo remata o luns 15 de outubro.
O motivo da solicitude do sindicato agrario son os constantes atrancos burocráticos que están a atopar os solicitantes cando teñen que recadar toda a documentación necesaria nas distintas administracións. A isto hai que engadir os problemas detectados na tramitación de certificados de impacto ambiental, que tamén se están a retrasar.
Así pois non é entendible as presas de Medio Rural por pechar os expedientes, co grave risco de que moitos demandantes de axudas queden fora, salvo por un afán electoralista da Xunta de Galicia. A situación chega ao punto de que desde as oficinas de Extensión Agraria se está apremiando telefonicamente aos produtores para que entreguen a documentación dun día para outro cando é a mesma Consellería a que por outro lado retrasa a tramitación administrativa.
Por todos estes motivos, desde UUAA solicítase unha ampliación deste prazo xa que na conxuntura económica actual, os gandeiros e agricultores necesitan todos aqueles recursos que se poñen ao seu alcance para garantir a súa supervivencia. Así mesmo, o sindicato esixe a Xunta de Galicia que empregue os esforzos en axilizar a súa xestión durante todo o exercicio e non so cando hai eleccións.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.