O sindicato Unións Agrarias valora o anuncio do presidente Feijoo como fogos de artificio populistas que en pouco benefician ao sector primario. As bonificacións fiscais anunciadas para os impostos de sucesións e para o de doacións non son máis que unhas migallas se o comparamos co incremento, hai pouco máis de medio ano, dos impostos de transmisións e actos xurídicos documentados nun 50% para as transmisións inter-vivos (compra – vendas) e agrupacións de fincas.
Os impostos de sucesións, xa cunha bonificación fiscal do 99% se o morto ou o herdeiro ou cónxuxe do herdeiro son agricultores profesionais. Esta bonificación existe dende o ano 2002, e xeralizouse na Lei de imposto de sucesións do ano 2008. No caso das doazóns e transmisións inter-vivos -Lei de modernización das expltoacións agrarias Lei 19/1995- bonificase o 90% se se transmite toda a explotación a un titular de explotación agraria prioritaria. A bonificación xa é do 75% se se transmite parte da explotación ou fincas a un titular de explotación agraria prioritaria (85% se é agricultor mozo).
Todo parece un simulacro mediático que persegue un maior protagonismo nos medios estatais, logo de que o presidente da Comunidade de Madrid anunciase unha baixada de impostos e se alzase contra o ministro Montoro ante a opinión pública.
As medidas fiscais que realmente axudarían a mobilizar terras de cara a incrementar a dimensión territorial das explotacións e que son competencia da Xunta de Galicia son precisamente as que afectan ás transmisións inter-vivos e ás agrupacións
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.