Desde UUAA douse a voz de alarma ante esta situación realmente insoportable, esixindo ás autoridades que tomen as medidas imprescindibles para garantir a seguridade nas explotacións agrarias.
Cada día as estatísticas presentan como moitas familias do rural se ven obrigadas a afrontar unha importante perda económica e un grave perxuizo no desempeño da súa actividade por culpa de bandas criminais organizadas.
Desde a Delegación do Goberno trasladouse aos representantes de UUAA que Galicia é unhas das zonas prioritarias para as unidades policiais especíais acollidas ao Plan ROCA (Roubos no Campo). Do mesmo xeito o sindicato colaborará para atallar a onda de roubos cunha campaña de información e sensibilización cara os habitantes do rural, e sobre todo os de máis idade, para implantar protocolos de seguridade para preservar os domicilios, as granxas ou os apeiros de roubos e furtos.
Unións Agrarias, tamén lle trasladou ao delegado do Goberno de actuar con forza no mercado negro de obxectos ou colleitas roubas que na actualidade operan con bastante facilidade. Finalmente, a organización agraria demandou a modificación das penas por reincidencia no Código Penal e que se realice una valoración do dano que produce o roubo.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.