Unións Agraria define como valeira de contidos reais a Lei de mellora da estrutura territorial de Galicia, (METAGA), cuxo borrador se presenta na tarde hoxe no marco do Consello Agrario de Galicia. Para o sindicato os contidos dados a coñecer da futura norma de uso do solo non deixan de ser un “refrito” da actual Lei de concentración de terras que ten demostrado ser unha ferramenta moi custosa e moi baixa utilidade dada a lentitude das súas actuacións, que en moitas ocasións leva a que os traballos se retrasen varias décadas.
Nun deses anuncios mediáticos dos que tanto fai uso o presidente da Xunta, trasladouse que esta nova lei vai a poñer a disposición dos produtores un volume de terra que romperá coa “anemia de hectáreas” que padecen a maioría das explotacións de Galicia e que lastra as súas contas de resultados ó facelas excesivamente dependentes dos pensos. Porén da lectura borrador da METAGA non se desprende nada novo que non estivera xa presente no Banco de terras ou na Lei da concentración parcelaria.
Unións Agrarias, reclama unha ordenación dos usos do solo, delimitando -e cun cumprimento efectivo-: as terras urbanizables, as de vocación forestal e as que deben reservarse para un aproveitamento agrogandeiro. Aplicación estrita da prohibición de forestar terras agrarias, cumprimento real dunha ordenación dos usos urbanos no medio rural.
Do mesmo xeito, considera imprescindible unha reforma da lexislación sobre arrendamentos rústicos, co fin de fomentar esta vía de mobilidade da terra. Reorientación das axudas aos investimentos das explotacións, de tal modo que se fomenten os sistemas produtivos máis ligados á terra. Penalización fiscal aos propietarios que manteñan terras abandonadas e incentivos a aqueles donos de terras que as poñan en arrendamento. Así mesmo, é preciso unha reforma afondo do Banco de Terras e do sistema de Concentración parcelaria para facelos útiles e afectivos.
UUAA reclama o deseño de novas fórmulas que permitan a constitución de unidades produtivas viables nas terras de monte particular, mediante a agrupación das superficies de diferentes propietarios. Todo co obxectivo facilitar o investimento privado en materia agrícola e forestal. Finalmente o sindicato propón abrir a posibilidade de cultivos enerxéticos en parcelas actualmente improdutivas, e nas zonas onde non houbera demanda desas terras para ampliar a base territorial de explotacións agrarias.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.