O sindicato Unións Agrarias, despois de escoitar a conselleira de Medio Rural no Parlamento, lamenta a cegueira política que parece padecer Rosa Quintana e que lle impide recoñecer que as cifras reais dos fondos da PAC son un 13% inferiores a do anterior exercicio xa que España pasou de recibir 54.000 millóns de euros a 47.000 millóns de euros.
Neste contexto, resulta cómico que se compare a situación do sector primario galego co francés, cando este último está en plena reformulación normativa na que se algo se prima, é a gandería e a defensa dos produtores como un activo fundamental para a economía do pais. Un modelo que prima as primeiras hectáreas para equilibrar as axudas que reciben as pequenas explotacións coas grandes, -seguimos sen coñecer a fórmula pola que a Xunta calculou que este mecanismo era negativo para Galicia- e que dirixe os fondos comunitarios aos verdadeiros profesionais en activo. En Francia repártense case 70.000 millóns de euros entre 370.000 perceptores mentas que aquí son 47.000 millóns de euros entre 900.000 perceptores.
Os gandeiros de leite precisan moito máis que unha mellora de 30 millóns, a repartir en seis anos, para o toda España, cos que a conselleira se da por satisfeita, xa que non deixan de ser unha gota nun océano de 47.000 millóns de euros. Ademais que toda a argumentación da que fixo gala onte no Pazo do Hórreo, se cae cando vemos as cifras do capítulo orzamentario máis importante como é o Pago Básico, no que Galicia sae moi mal parada pola falta endémica de hectáreas que padecen as nosas explotacións. Para o sindicato Unións Agrarias esta completamente fora de lugar o triunfalismo despregado onte pola titular de Medio Rural pola defensa na negociación co ministro de Agricultura cando os gandeiros e agricultores galegos representan o 16% do total do Estado e solo van a percibir o 3% dos fondos da PAC
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.