Agrodigital

la web del campo

  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Frutas y hortalizas
    • Vino
    • Olivar
    • Remolacha y azúcar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
    • Insumos agrícolas
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • Política agraria España
    • Política agraria países terceros
    • OMC – Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • CC.AA.
    • Castilla y León
  • Legislación
  • Varios
    • Artículos
    • Buscador
    • Anuncios clasificados
    • Contacto
    • Newsletter
Está aquí: Home / Ganadería / Vacuno / O SLG reúnese co xefe de Sanidade Animal da Xunta para mellorar a loita contra a tuberculose bovina na Galiza

           

O SLG reúnese co xefe de Sanidade Animal da Xunta para mellorar a loita contra a tuberculose bovina na Galiza

10/06/2014

A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, e o responsable dos Sectores Gandeiros na Executiva do SLG, Adolfo Cabarcos, mantiveron hoxe, 9 de xuño, un encontro de traballo co xefe do Servizo de Sanidade Animal da Consellaría de Medio Rural, Jesús Orejas. O motivo principal desta xuntanza, solicitada polo SLG, foron os problemas que está habendo coa actual campaña de saneamento gandeiro na Galiza e, en concreto, coa aparición de focos de tuberculose bovina en lugares onde nunca antes houbo positivos e mesmo en explotacións que non adquiriron gando novo. Trátase dun problema que xa se deu no ano 2013, cando dos 43 focos de tuberculose bovina detectados, 32 foron focos novos, algo difícil de explicar cando xa levamos vinte anos de campañas anuais de saneamento gandeiro no noso país, co correspondente sacrificio de animais que presentaron algunha sintomatoloxía.

Algunhas das cuestións que máis preocupan ao SLG nesta problemática é a presenza da enfermidade en estado latente en animais que non amosan síntomas de tela, o cal pode favorecer os contaxios; ou os falsos positivos debido á presenza de micobacterias, que poden provocar unha sintomatoloxía semellante á da tuberculose no gando bovino. Neste sentido, o SLG pediulle á Consellería que empregue medidas complementarias, como probas que descarten a presenza doutras patoloxías como a tuberculose aviar, de comportamento totalmente diferente, ou probas diagnósticas que axuden a sacar á luz casos de animais silentes, transmisores que non se manifestan.

Por outra parte, pediuse que se evite marcar positivos dubidosos que suporían os sacrificio de animais sans, facilitando a realización de novas probas aos 45 días e reforzando o estudo pormenorizado dos casos e as estatísticas de seguimento da enfermidade, para termos as máximas garantías.

Ademais, o SLG pediu tamén que a Consellería de Medio Rural garanta que os medios humanos e materiais empregados para facer as campañas de saneamento por parte da empresa Tragsega sexan os axeitados, denunciando que nos primeiros días de campaña, cando menos, houbo visitas a explotacións dun só veterinario, cando o habitual é que vaian dous. O SLG salientou a enorme presión que reciben estes facultativos veterinarios por parte da empresa para teren un número de animais mínimo diario, cando en ocasións as explotacións visitadas están moi afastadas ou teñen unha gran dimensión territorial ao estar réxime extensivo, o cal afecta negativamente á cobertura do control sanitario se o persoal veterinario é escaso e insuficiente.

Diante desta situación e tendo en conta que no presente ano aínda non saíu a orde para regular as indemnizacións por sacrificio, Isabel Vilalba e Adolfo Cabarcos pedíronlle a Jesús Orejas a activación dunha serie de medidas indispensables se realmente queremos erradicar a tuberculose bovina da cabana gandeira galega sen que as campañas de saneamento poñan en perigo a viabilidade das explotacións afectadas por positivos:

1. Que a Consellaría de Medio Rural poña os medios materiais necesarios para facer as campañas de saneamento con plenas garantías. Entre estes medios estarían a elaboración de estudos para obter datos estatísticos que permitan facer as campañas co máximo rigor e evitando falsos positivos; ou a realización de probas sanguíneas para detectar a enfermidade en estado latente.

2. Que se reforce o papel do persoal veterinario das oficinas agrarias comarcais na diagnose dos casos positivos de tuberculose, pois tratase de facultativos que teñen unha ampla experiencia no tema e coñecen a fondo as explotacións da súa bisbarra. O saneamento debe seguir sendo unha campaña de control obrigatorio e público para ter as garantías axeitadas. Agora mesmo, o informe e proposta de positivos fainos a empresa Tragsega e, para o SLG, aumentaría a fiabilidade do proceso cunha participación máis activa dos veterinarios comarcais.

3. Que se indemnice suficientemente ás explotacións afectadas por un sacrifico obrigatorio de reses. Para o SLG, as táboas de valoración son moi baixas e comprometen o futuro das granxas afectadas cando deben repoñen os animais. Para isto, é necesario que se elabore unha nova táboa para fixar as contías das indemnizacións que se corresponda co valor real das reses. A maiores, cómpre buscar a máxima axilización nos pagamentos, pois deles depende a viabilidade e liquidez das explotacións inmobilizadas por positivos.

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Escriba un comentario: Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Es actualidad

  • Reino Unido investiga brotes de botulismo en ganado vinculados a piensos 17/09/2025
  • Los precios mundiales de la carne de vacuno siguen al alza gracias a la caída de producción 16/09/2025
  • Acuerdo UE- Mercosur: El campo no se vacía, lo abandonamos 12/09/2025
  • Francia e Italia suman más de 130 focos de dermatosis nodular contagiosa 09/09/2025
  • La producción de carne de vacuno en España creció un 12 % en 2024 y alcanzó 4.452 M€ 03/09/2025
  • Denuncian desabastecimiento de crotales electrónicos 02/09/2025
  • Riesgo muy alto para España: Francia e Italia acumulan 76 focos de Dermatosis Nodular Contagiosa 30/07/2025
  • Francia suma nuevos focos de dermatosis nodular contagiosa y amplía la zona de restricción 22/07/2025

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2018 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web y obtener analítica web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo.Estoy de acuerdo