Grazas á presión de UUAA a Consellería de Medio Rural vén de confirmar que o prazo previsto para a presentación dos Plans de Mellora das explotacións se amplía 15 días, sendo polo tanto a data límite de entrega o 30 de xuño incluído.
A falta de acción por parte da administración e as numerosas queixas recibidas por parte dos produtores nas oficinas de Unións Agrarias foron a orixe da acción do sindicato en canto a esta problemática, que hoxe consigueu unha prórroga nos prazos de presentación de licencias de obra, evitando así que numerosos expedientes queden fóra da convocatoria.
Tras a reunión mantida onte co Secretario Xeral de Calidade e Avaliación da Consellería de Medio Ambiente, Justo de Benito Basanta, o sindicato agrario espera que se modifiquen os criterios esixidos con respecto á capacidade das fosas de purín, á obligatoriedade de cubrición e á división das mesmas, e solucionar así esta problemática que deixaría fóra varios expedientes.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.