O sindicato Unións Agrarias pide a Consellería de Medio Rural que poña en marcha mecanismos de indexación de prezo para as uvas similares os que vén anunciar para o sector lácteo. Con esta inicativa ademais de rentabilizar mellor o instrumento desenvolto, favoreceríase extender a contratualización das producións na Denominación de Orixe Rías Baixas.
Desde a Xunta de Galicia parece usarse duas varas de medir no impulso de medidas normativas que fagan máis equilibrada a cadea de valor das producións dependendo do sector. Mentras que no lácteo se inviste en mecanismos informático de indexación como o programa Xacobea, no sector vitivinícola nin sequera se reune ao sector para favorecer unha contractualización xusta na que os produtores e as adegas da D.O. Rias Baixas que poña as bases para un crecemento equlibrado de tódolos activos do sector.
UUAA lembra que os progresos e presencia do viño da DO Rias Baixas nos mellores estádares de calidade e un mérito compartido por todos, tamén polos produtores. Neste sentido, aposta porque desde Medio Rural se provea de mecanismos ao sector que modernicen as estructuras produtivas xa sexa a través da actualización de censos como de ferramentas de equilibrio da cadea de valor.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.