O sindicato Unións Agrarias valora como ineficaces e sen visión de futuro as medidas concretadas pola Comisión Europea para compensar ao sector lácteo polo veto de Rusia a entrada de produtos comunitarios.
Para o sindicato o plan de almacenamento privado de manteiga e leite desnatado en po resultará ineficaz porque so busca agochar en grandes naves o grave problema de excedentes que dentro duns meses será completamente ingobernable. Hai que ter en conta que dos case 150.000 millóns de litros de leite que se producen cada ano na UE un 2,3% eran destinados ao mercado ruso o que supón que se están xerando uns 3.500 millóns de litros de excedentes.
A organización sindical ve no escaso orzamento destinado as medidas comunitarias un problema engadido xa que os grandes operadores non van ver rendibilidade nesta opción que no caso do leite en po escasamente cubre o transporte.
UUAA advirte novamente que con este escenario todo apunta a que as grandes corporacións transformadoras e distribuidoras que actúan no sector lácteo –de capital alemán e francés fundamentalmente- non van a ser alleas a tentación de usar novamente o mercado español como sumideiro dos seus excedentes.
Unións Agrarias, esixe das administracións medidas audaces que vaian encamiñadas a procurar saídas a produción láctea que agora está bloqueda. Para Javier Iglesias, secretario de Vacún de Leite de UUAA, “ é tal a desidia da UE que pretenden arranxar un problema procura de novos mercados enchendo almacéns con excentes”.
UUAA pide ao Ministerio de Agricultura e a Xunta de Galicia que vixíe a publique semanalmente as entradas de produtos da UE a España para coñecer se están dando prácticas de dumping na entrada de produtos lácteos de outros países europeos.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.