O proxecto de orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2013, consolida una baixada de 22,9 millóns de euros para a parte de Agricultura da Consellería do Medio Rural e do Mar, sobre o total para esta parte de 528 millóns de euros, o que supón un 4% menos que o orzamento do ano 2012. Acumúlase así un recorte do 23,2% dende o ano 2009, no que o orzamento da Consellería acadou os 687 millóns de euros.
Asemade dos 22,9 millóns de euros dos recortes, o 60% se corresponden coas partidas de investimentos reais e transferencias de capital, é dicir, as partidas dedicadas a investimentos no rural e pagos de axudas, polo que o groso do recorte recae sobre os agricultores e gandeiros, e non sobre recortes en gastos de persoal ou gastos correntes. O que ven a desmontar o argumento de austeridade pregoado dende Medio Rural.
Por Departamentos, a Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, que aglutina as competencias forestais, ten un recorte do 3,7% o que supón 2,8 millóns de euros. Baixa a partida de prevención de incendios en 8 millóns de euros, dos cales 3,5 millóns de euros van destinados a traballos para a reforestación e melloras da masa forestal. Hai una continuidade da aposta da Consellería do Medio Rural polo gasto en extinción de incendios, que apenas varía, fronte a prevención que sigue a tónica dos anteriores anos, e suma o recorte citado de 8 millóns de euros.
A Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, encargada de programas como as Axudas Agroambientais, pagos compensatorios de zonas desfavorecidas, e Contratos de Explotación Sustentables, e outras medidas do PDR de Galicia 2007-2013, ven de sufrir un recorte de 8,3 millóns de euros, que supón o8,4%, con respecto do ano anterior, centrado exclusivamente nos fondos destinados a investimentos na agricultura e gandería, cuns recorte en cada apartado con respecto do ano 2012, do 19,4%, e do 7,4% nos fondos destinados a axudas para investimentos para a mellora das explotacións agrarias e gandeiras.
Únicamente soben os orzamentos de AGADER, ao que se lle transfiren 20 millóns máis de euros que no ano 2012,para tentar equilibrar a execución do Programa Leader, que a un ano de pecharse o período de programación 2007-2013, está tendo serios retrasos de execución.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.