Unións Agrarias reclama ao Ministerio de Agricultura maior coordinación na aplicación dos fondos que proveñen do Plan de Desenvolvemento Rural. Segundo puido coñecer o sindicato, a comunidade de Castela e León contempla un orzamento total de 14 millóns de euros no PDR 2014-2020 para a posta en marca dun «instrumento de estabilización de ingresos en explotacións de produción de leite». Esta operación vai destinada aos fondos mutuais e ten como obxectivo que se compense aos gandeiros de vacún de leite no caso de que os seus ingresos diminúan máis dun 30% dos ingresos anuais medios do trienio anterior, ou dos seus ingresos medios trienais respecto do período quinquenal anterior, excluídos os valores máis alto e máis baixo.
Os pagos dos fondos mutuais aos gandeiros compensarán cando menos un 70% das perdas de ingresos. Os beneficiarios finais son os gandeiros de leite que sexan agricultores a titulo principal e pertenzan a unha organización de produtores recoñecida con sede en Castela e León. O gandeiro ten que permanecer no seguro polo menos 3 anos e a axuda será de ata o 65% dos custos subvencionables cun límite máximo por explotación de 10.000€. Unións Agrarias valora positivamente esta medida e insiste na necesidade de coordinación a nivel estatal para impedir a competencia desleal entre gandeiros de distintas CCAA da Cornixa segundo se aplique ou non esta medida.
Do mesmo xeito desde a organización agraria critícase a discriminación que sufren os gandeiros galegos pola interpretación que se fai desde Medio Rural e concretamente o FOGGA da comprobación do cumprimento dos requisitos para poder beneficiarse do pago para as prácticas agrícolas beneficiosas para o clima e o medio ambiente (tamén coñecido como greening ou verdeo). Así, a normativa estatal establece que o requisito de diversificación de cultivos debe cumprise ben no ciclo de inverno ou no de primavera e permite a cada solicitante decidir cal é o cultivo principal en cada recinto no caso de dobres colleitas. Porén, o goberno galego decidiu que en Galicia, a diversificación de cultivos debe cumprirse en todo momento do ano e que o período principal do cultivo é o de primavera.
Isto implica que a práctica tradicional da rotación herba-millo que fan as nosas explotacións non se poda acoller a unha das excepcións que establece a normativa do cumprimento de greening para aqueles casos nos que a herba represente máis do 75% das terras de cultivo e que se limite o cultivo do millo ao 75% das terras arables das explotacións que teñen unha superficie superior ás 10 Ha. Polo que para poder cumprir coa obriga dos requisitos do greening e poder optar a un pago que representa a metade do importe que cobre cada explotación polos dereitos de pago básico a superficie a millo das nosas granxas reduciráse en máis de 16.000 Ha/ano e incrementaránse os custos de produción pola da compra de forraxes e alimentos de fóra da explotación.
UUAA considera urxente que as administracións articular dunha vez un marco normativo, como o Paquete Lácteo, que estabilice ao sector lácteo para articular unha cadea de valor real para o leite que lle permita competir no libre mercado onde as tensións entre industrias e produtores estean resoltas como no caso francés pola dotación de mecanismos como inteprofesionais fortes e a figura del mediador. Aspectos nos que coincidiu Sophie Helaine, membro da DG Agricultura e Desenvolvemento Rural da Comisión Europea, presente nunha xornada do sindicato, quen ademais sinalou que o crecemento da produción de leite mundial se estima en 12 millóns de TN en 2023 pola entrada en acción de novos destino como África ou China.
A grande parte desta produción será absorbida pola transformación industrial que está investindo en diversos produtos elaborados, sobre todo queixo. Neste sentido a ratio de inversión en España por parte da industria transformadora é das baixas dos mercados de referencia o que vai a condicionar gravemente as posibilidades de expansión da produción dos gandeiros galegos.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.