A Unión Leiteira Galega, (ULEGA) reuniu en asemblea onte as a 12 xuntas territoriais das que se compón para aprobar a posta en marcha dunha asociación que unifique obxectivos e estratexias con APROLAC, a outra organización de produtores con capacidade negociar contratos en Galicia. Con este paso adiante ULEGA aposta polo traballo conxunto para facilitar aos seus 2.500 gandeiros, que supoñen unha produción de 600.000 toneladas de leite anuais, a mellor saída ao mercado mediante a negociación conxunta do prezo do leite. No conxunto das dúas OPL ofértase máis de 800.000 toneladas producidas por 4.000 explotacións lácteas o que sitúa a este stock entre os mais destacados da zonas produtivas da UE.
No marco deste encontro analizouse o escenario sen cotas no que se ten que mover a produción láctea en Galicia dentro escasos días, esixindo as administracións o rigoroso cumprimento do Paquete Lácteo no ámbito da negociación colectiva con garantías coas industrias. Para ULEGA este marco regulador non é o axeitado porque carece de pezas moi importantes como a figura do mediador con carácter obrigatorio e a excepcionalidade á renuncia a contratos dun ano por parte dos gandeiros.
A organización de produtores aposta polo futuro, neste sentido vai a traballar en base ao novo articulado que saíu da reforma do Paquete Lácteo e espera a mesma lealdade do sector industrial e distribuidor, para que se absteña de utilizar a presión como elemento de distorsión do mercado. A industria ten que asumir que contratos, prezos e volumes son intereses compartidos, e como tales teñen que ser negociados, cunha perspectiva de estabilidade e esquecendo os réditos cortoplacistas.
A recente sanción ás industrias por parte da CNMC, que incomprensiblemente non se aplicou á distribución, malia ser esta a principal adulteradora dos prezos, sacou tamén á luz que o modelo de negocio das empresas transformadoras lácteas do noso país (que fundamentalmente se reduce a meter leite nun brick), está esgotado. Desde ULEGA reclámase maior vocación innovadora ás empresas transformadoras ante a coincidencia da fin das cotas na UE coa apertura de novos e potentes mercados, coma o chinés, o árabe ou mesmo o africano, que van a revolucionar o sector lácteo, xa que suporá a demanda dunha maior cantidade de elaborados, polo que é mais importante que nunca que a cadea de valor do leite se manteña equilibrada.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.