O sindicato Unións Agrarias logo de coñecer polo BOE as axudas ás explotacións lácteas con problemas de viabilidade, debido aos prezos precarios que levan sufrindo desde o pasado mes de abril, manifesta a súa sorpresa cando dos 300 millóns comprometidos polo Ministerio de Agricultura agora so aparecen reflectidos na orde 20 millóns.
Esta realidade deixa as claras que o únicos obxectivo das declaracións feitas desde o departamento de Isabel Tejerina era mover a desmobilización dos gandeiros e gandeiras que participaban nas tractoradas e manifestacións.
Analizando as ratios de aplicación das axudas, resulta escandaloso que o propio Ministerio fixe en 24,5 cts o prezo máximo percibido para que un gandeiro poida ser beneficiario deste apoio económico, porque supón deixar fora do paquete de axudas a case o 80% das explotación galegas e ao tempo que lanza unha mensaxe clara do que para o Goberno supón a partir de agora “prezo sostible”.
O grao de desconcerto chega ao esperpento ao constatar que os varios centos de explotacións que están a sufrir impagos de 4 ou 5 meses non poderán acollerse a esta orde polo feito de ter un pagaré ou un recoñecemento de débeda de empresas morosas en concurso de acreedores ou en trámites de extinción.
O sindicato pide ao presidente da Xunta que faga presión en Madrid para que se mellore, vía corrección de erros, os enunciados desta orde e ademais lémbralle o seu compromiso público de sumar 500 millóns de euros se o orzamento disposto polo Ministerio de Agricultura non era suficiente.
Unións Agrarias pide un pago xusto polo prezo do leite e non unha política de esmolas con claro obxectivo electoral, porque o únicos que consigue e taparlle as vergoñas con diñeiro público a aquelas industrias que están trasladando ao campo contratos lixo e prezos de miseria con total impunidade.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.