• Buscador
  • Contactenos
  • separador
  • SUSCRIBASE
  • Anuncios clasificados
Agrodigital

la web del campo

  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Frutas y hortalizas
    • Vino
    • Olivar
    • Remolacha y azúcar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
    • Insumos agrícolas
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • Política agraria España
    • Política agraria países terceros
    • OMC – Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • Artículos
Está aquí: Home / Ganadería / Ganadería / UUAA pide adaptar a lei de protección de animais ao ámbito rural

           

UUAA pide adaptar a lei de protección de animais ao ámbito rural

30/05/2017

Unións Agrarias está a desenvolver estes días contactos cos grupos políticos con representación no Parlamento de Galicia, a fin de acadar un consenso sobre a necesidade de modificar puntualmente o Anteproxecto de Lei de benestar de animais domésticos, antes da súa aprobación definitiva, para evitar futuras situacións absurdas no rural galego.

Esta lei concebida para mascotas en entornos urbanos, pode estar máis ou menos acertada para regular a tenencia e evitar o maltrato dos cans de compañía, pero non considera as especificidades dos cans de traballo nin dos cans de caza mentres desenvolven as súas tarefas específicas. Igualando posibles lesións dos animais no desenvolvemento das súas tarefas (lesión dun mastín nun enfrotamento cun lobo defendendo un rabaño, lesión dun can de caza por un xabarín) directamente co maltrato animal, sen facer distincións de matices. As sancións por este concepto van de 5.001 a 30.000 euros. É lóxico sancionar a un maltratador dun animal, pero non é lóxico non facer distinción clara na Lei do que é maltrato, doutras situacións con posibles danos dos cans no desenvolvemento do seu traballo.

Esta falta de separación clara no actual Anteproxecto de Lei, fai que se poida chegar a situacións grotescas, como que se denuncie a un propietario dun mastín de garda por poñer en risco a vida do seu can ao ter como fin enfrontarse ao lobo, ou a obrigar a que garde o gando con bozal por considerarse un animal potencialmente perigroso pola súa envergadura. Igualmente a que se sancione ao propietario dun can de caza polo simple feito de que resulte ferido nunha batida do xabaríl, tan necesarias para o equilibrar as poboacións desta especie que depreda ao resto da fauna (especialmente nos espazos naturais protexidos), causa 2 accidentes de tráfico cada día nas estradas galegas, e produce miles de euros en perdas nas colleitas de agricultores e gandeiros galegos.

A día de hoxe no rural, e sen terse aprobado esta lei, hai xa denuncias e propostas de sancións a gandeiros por utilizar mastíns ceibos para gardar o gando, ou por pasear animais ceibos por fincas privadas non pechadas, mentres traballan co gando e aínda que non causaran ningún tipo de problemas a terceiros co seu comportamento. Esta nova norma, de non enmendarse no Parlamento, abre aínda máis a porta a este tipo de sancións, e a presión sobre a actividade do rural, e criminalizando na práctica o uso de cans de traballo que acompañan ás persoas, como se ven facendo dende que existe a humanidade dende o principio dos tempos,

Cómpre polo tanto a adaptación á realidade, pois facer impracticable á caza para poder xestionar a fauna salvaxe, ou a defensa de rabaños do lobo mediante o emprego de cans, en nada axuda á protección dos animais nin ao futuro do rural. O Parlamento de Galicia debe de estar para desenvolver normas equilibradas que faciliten o desenvolvemento das actividades dos cidadáns, tamén no rural, sobrando normas disparatadas, lonxe da realidade que parece que buscan acosar aínda máis á xente do rural para que se aburra e tire a toalla. Estas iniciativas sobran na “lexislatura do rural”.

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Escriba un comentario: Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Lo último sobre GANADERÍA

  • Castilla y León destina 10 M€ al nuevo Plan de Promoción de la Ganadería Extensiva 07/11/2025
  • Andalucía convocará ayudas por lengua azul la próxima semana 07/11/2025
  • El sector ganadero alerta de una situación insostenible por los ataques de lobo en distintas zonas de España 07/11/2025
  • La OCV insta a mejorar las condiciones laborales de los veterinarios 05/11/2025
  • Ya se pueden solicitar ayudas para mejorar la sostenibilidad ganadera en la cuenca del Mar Menor 04/11/2025
  • Cataluña activa un nuevo plan de control poblacional de fauna salvaje para frenar la tuberculosis animal 04/11/2025
  • La industria farmacéutica europea alerta del riesgo sanitario si ECHA no evalúa el impacto del veto a los PFAS en el sector sanitario 04/11/2025
  • Castilla y León impulsa la conservación de sus razas autóctonas con ayudas de 250.000 € 03/11/2025

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2018 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web y obtener analítica web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo.Estoy de acuerdo