Os servizos xurídicos de Unións Agrarias están a preparar un recurso contencioso-administrativo contra da Orde para convocatoria de eleccións aos Consellos Reguladores das Denominacións de Orixe de Galicia publicada no DOG o pasado 6 de Abril, logo de non ser atendidas as alegacións que no seu día se presentaron ao borrador da citada norma.
Tal como denunciaba UUAA no escrito presentado diante da Consellería de Medio Rural, o texto normativo da convocatoria electoral alteraba gravemente a seguridade xurídica e a limpeza do proceso dado que desde a Consellería modificábase o articulado do Decreto 4/2007 -polo que se ven rexendo as eleccións as distintas DO- usurpando a autoridade da Xunta Electoral que é único o órgano competente para interpretar o Decreto e non a Administración convocante, tal como se sinala no artigo 40 do Decreto e se recolle con claridade na sentenza do TSXC de 27 de marzo de 2014, no recurso contencioso-administrativo 4626/2012.
Coas modificacións ilegais que pretenden facerse desde Medio Rural, recollidas no artigo 8 da orde da convocatoria, procurábase abrir a convocatoria a asociacións express, de recente creación e sen ningunha representación entre os produtores, que sirvan de pantalla sectorial para os intereses políticos do Partido Popular no medio rural.
Desde Unións Agrarias tamén se denuncia, sobre todo no referido a DO Ribeira Sacra, o intento laminar a presenza do produtores no Consello Reitor para primar as adegas. Así no artigo 5 da orde de convocatoria pretendese que produtores sen actividade poidan elixir un vogal e ademais priorízanse as grandes explotacións (en mans fundamentalmente das adegas) nun subcenso ata sumar 400 Ha para poidan elixir dous vogais mais, quedando para o resto dos produtores con actividade so tres vogais.
A configuración do censo de produtores de Ribeira Sacra non só vulnera os principios básico senón que resulta un intento esperpéntico de privatizar e entregar as adegas o control total da Denominación de Orixe.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.