O sindicato Unións Agraria denuncia os retrasos na tramitación das axudas da PAC pola falta de persoal e caos administrativo que se ten instalado desde hai meses na unidade de xestión do FOGGA, dependente da Consellería de Medio Rural.
Tal como ten sabido o sindicato, a través do propios traballadores do departamento, os traslados nos postos de traballo e a falta de cobertura das baixas van a traer consigo que os produtores reciban tarde e mal os fondos comunitarios que teñen solicitado.
Ao igual que denunciara a organización agraria o pasado ano no que un gran número de explotacións gandeiras de Galicia tiveron retraso de moitos meses en recibir as axudas da PAC correspondentes ao ano 2015, e que nalgúns casos aínda perduran os impagos das anualidades tanto do 2015 como do 2016. Non se entende que neste exercicio de dea a mesma falta de sensibilidade da Xunta para un sector que como o lácteo está a atravesar unha gravísima falta de liquidez pola caída en picado dos prezos do leite en orixe.
Desde UUAA non se entende que en plena campaña da PAC a Consellería non consiga poñer orde nos equipos de tramitación para evitar retrasos cando moitas explotacións galegas están en perdas polo que a entrada de fondos derivados da PAC resultan imprescindibles para afrontar minimamente os pagos.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.