O sindicato Unións Agrarias esixe á Consellería de Industria que actúe contra o abandono descarado e impresentable ao que están a someter aos habitantes do medio rural de Galicia. Despois de tres días moitas explotacións das provincias de Pontevedra, Coruña e sobre todo Lugo seguen se poder normalizar as súas actividades diarias pola ausencia de electricidade ou polo reiterados cortes no abastecemento.
Non cabe mais explicación para actitude das eléctricas que o desprezo para os usuarios que viven e traballan no rural galego, primeiro pola falta de mantemento que foron sufrindo as infraestruturas eléctricas non últimos anos, bastaba mirar a falta de limpeza de árbores nos pasos de liña que acabaron tirando co tendido. Ademais o sindicato lémbralle a Gas Natural Fenosa que as granxas teñen que pagarse do seu peto o tendido posto que están fora de núcleos urbanos, polo que deberían tratalos coa mesma prioridade que as naves do polígonos industriais, aos que si lles están a resolver os cortes.
UUAA vai a iniciar unha forte campaña de denuncia diante das sedes e oficinas das eléctricas, se no prazo das próximas horas a situación non mellora de xeito notable. De xeito paralelo, a organización agraria está documentando as perdas e gastos extraordinarios que os gandeiros están tendo que acometer, como o alugueiro de xeradores para poder atender nas granxas cousas tan básicas como muxir as vacas, nin darlles de beber, ou refrixerar o leite dos tanques de frío.
Para a organización agraria insiste en que é urxente que a Xunta de Galicia habilite unha liña inmediata de axuda para tratar de paliar algo os danos dos temporais que levan varrendo Galicia nas días e que teñen un nivel altísimo de afectación nos equipamentos gandeiros e agrícolas. Desde UUAA agárdase a mesma efectividade a demostrada por Medio Rural cando o graínzo golpeou os viñedos de Sober e se habilitaron inmediatamente 500.000 euros para cubrir os danos.
Polos datos que están chegando ás oficinas de Unións Agrarias hai nestes intres danos xeneralizados nas cubertas das explotacións, que en moitas ocasión voaron por completo, e nas estruturas dos invernadoiros sobre todo na zonas das Rías Baixas onde tamén unha adega perdeu a totalidade do tellado. Na zona de Ourense son moitos os almacéns agrícolas que sufriron danos muros e nos pechamentos.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.