Unións Agrarias ve arriscado e innecesario a proposta de autorizacións de novas plantacións de viñedo en Galicia, que segundo se desprende do anunciado polo Ministerio de Agricultura, na súa proposta inicial, pode andar no 1% para este ano.
A organización agraria lembra que Galicia ten un modelo produtivo moi específico que permite acadar o estándares de calidade altos grazas ao traballo dunha base ampla de pequenas explotacións. Este xeito de facer pode caer no momento en que se permita entrar a industria a ocupar moitas hectáreas co único obxectivo de condicionar aínda mais os prezos da uva a baixa.
Para UUAA non ten sentido de falar de incorporar mais terra, salvo no caso de incorporación de mozos, cando desde as adegas e algúns consellos reguladores se afirma que teñen problemas para dar saída a comercialización do viño. Se isto é real, e non unha escusa para buscar o abaratamento da uva, no ten sentido abrir mais terra a rendemento.
Unións pide prudencia ao Ministerio coa porcentaxe de novas plantacións para este ano. Hai que recordar que en 2016 España estará nunha produción próxima a 42 millóns de hectolitros a nivel nacional logo de tres anos de seca, unido ao último verán no cal o viñedo viu mermada a súa produción polas altas temperaturas. Así, en condicións normais o potencial de produción de España podería xerar problemas de mercado.
Por outra banda, é máis que importante traballar sobre os criterios de admisibilidade ou elexibilidade e prioridade na adxudicación destas novas autorizacións, posto que o primeiro ano comprobáronse algúns movementos especulativos de solicitude de plantacións de persoas que non pertencen ao sector. Neste sentido, a organización agraria ve necesaria a posta en marcha dun órgano de control que ordene a produción dos distintos consellos reguladores para evitar desaxustes no uso dos dereitos.
UUAA ve necesaria unha reorientación da normativa a nivel nacional que priorice a pequenas e medianas explotacións para mellorar a súa dimensión e viabilidade. É prioritario que as novas plantacións recaían en agricultores profesionais así como en mozas agricultores con capacitación suficiente.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.