O sindicato Unións Agrarias esixe a aplicación dun estrito seguimento na trazabilidade da comercialización do leite en po para evitar que a produción que se merca en orixe a baixo prezo con destino as torres de secado, non acabe de novo no mercado do leite líquido co conseguinte fraude sobre os gandeiros e os consumidores.
Esta será unha das reclamacións que poñerá sobre a mesa da reunión de mañá en Madrid da Comisión de seguimento do Acordo Lácteo. Do mesmo xeito, tamén se incidirá na necesidade na necesidade de dotar de transparencia e eficacia ao concepto de Produto Lácteo Sostibel (PLS), poñendo como paso previo a identificación da orixe do leite e dos produtos lácteos, mediante un procedemento sinxelo. Identificarase o leite procedente de vacas españolas e os produtos lácteos que leven más de un 50% de leche con tal procedencia mediante un método que utilice o concepto de bandeira de España.
Previo a reunión no Ministerio e cumprindo co anunciado a semana pasada, Unións Agrarias espera que Lactalis devolva as rendas dos gandeiros que foron retidas de xeito ilegal desde que botou a andar o acordo entre produtores e distribución de suba de 2 cts/l liquidables a través das facturas das granxas as industrias. Tamén se exise, senón a organización agraria denunciará o caso diante da AICA, rescisión inmediata dos modelo fraudulentos de indexación que usa a marca de capital francés para fixar o prezo nas explotacións e así mesmo se devolva as cantidades retidas por este mecanismo.
Finalmente, UUAA recomendalle a Lactalis que deixe de perder o tempo trasladando ameazas a través de burofax ao sindicato en empece a traballar dun xeito leal e legal cos gandeiros galegos, porque o único certo é que neste momento Lactalis dispón nas súas contas bancarias de mais de 1 millón de euros que lles entregaron Carrefour e Día para trasladados as granxas e aínda no o fixo.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.