O sindicato Unións Agrarias vén de conseguir no día de hoxe que se retire dos supermercados El Árbol varias ofertas de leite das marcas Reny Picot e Gustosa que contraviñan o Protocolo de Banalización aprobado no seo da INLAC para evitar o uso do leite como produto reclamo.
No día de onte, a organización agraria tivo constancia fotográfica das prácticas fraudulentas que a citada cadea de distribución, en conivencia coas industrias, estaba realizando vendendo o leite a 20cts/l. De inmediato interpuxo unha denuncia na INLAC para poñer freo a un modelo de actuación comercial completamente tóxico para a supervivencia do sector lácteo.O Protocolo de Banalización forma parte dos acordo lácteo de setembro de 2015 e de acordos posteriores dentro da interprofesional láctea, para mellorar o funcionamento da cadea de valor do leite e evitar a venta de leite a prezos moi por debaixo do considerado prezo sostible, que poñan en perigo os elos máis febles da cadea.
Logo de serlle comunicado a patronal da distribución, ASEDAS, procedeuse a retirar os produtos fraudulentos. A organización agraria esixe unha vez máis as administracións que vaian máis alá das grandes declaracións de apoio o sector e que faga o seu traballo de fiscalización destas actitudes comerciais devastadoras para a formación dunha cadea de valor para o leite, xusta. UUAA vai a manter unha actitude vixiante nos distintos centros comercias para denunciar publicamente a aqueles que atentan contra a dignidade dos produtores lácteos de Galicia.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.