Agrodigital

la web del campo

  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Frutas y hortalizas
    • Vino
    • Olivar
    • Remolacha y azúcar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
    • Insumos agrícolas
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • Política agraria España
    • Política agraria países terceros
    • OMC – Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • CC.AA.
    • Castilla y León
  • Legislación
  • Varios
    • Artículos
    • Buscador
    • Anuncios clasificados
    • Contacto
    • Newsletter
Está aquí: Home / Política agraria / Política agraria España / O SLG denuncia no Congreso o acaparamento de terras na Galiza

           

O SLG denuncia no Congreso o acaparamento de terras na Galiza

29/04/2016

A secretaria xeral, Isabel Vilalba, participa en Madrid no acto de presentación do informe “Estrutura e propiedade da terra”, que forma parte dunha campaña que demanda políticas xustas co reparto deste ben natural indispensábel para a produción de alimentos

A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, participa, 28 de abril, na presentación dun informe e unha serie de propostas sobre políticas relacionadas coa terra no Estado Español e na Unión Europa. Este acto celebrase na sala Ernest Lluch do Congreso dos Deputados (Madrid) ás 12:30 horas e, xunto a Isabel Vilalba, falan representantes das outras organizacións responsábeis desta campaña: Ángeles Santos (presidenta de Plataforma Rural), Andoni García (da Executiva de COAG e de EHNE Bizkaia), Inmaculada Idañez (Confederación de Mulleres do Mundo Rural-Ceres), Federico Pacheco (Sindicato de Obreros del Campo-SOC) e os autores do informe “Estrutura e propiedade da terra”: Fernando Fernández (Fundación Mundubat) e Carles Soler (Revista Soberanía Alimentaria).

A intervención de Isabel Vilalba céntrase na realidade da Galiza, cuxa estrutura da terra minifundista e coa propiedade moi repartida aparece no informe como exemplo contrario a casos de latifundismo e forte concentración como Estremadura. A pesares de termos os vimbios para un reparto xusto da terra na Galiza, Isabel falará das ameazas xurdidas nos últimos anos de cara a arrebatarlle ás familias labregas e ás comunidades de montes a tenza deste recurso natural indispensable para o seu traballo e para a produción de alimentos.

Nos últimos anos, cada vez son máis as hectáreas que acaban en mans de grandes empresas na Galiza, de maneira directa ou indirecta, para fins que non teñen que ver coa produción de alimentos. A eucaliptización do país para fornecer de materia prima industrias como a celulosa ou o Plan Sectorial de Actividades Extractivas, que impón a minaría como uso prioritario no 60% do noso territorio, son bos exemplos destas ameazas. En cifras, contrasta que ao tempo que as ao redor de 80.000 explotacións agrogandeiras galegas en activo dispoñen de 650.000 hectáreas, só o monocultivo de eucalipto acapara 190.000 ha. na nosa terra -396.000 ha. se contabilizamos superficies mixtas de eucalipto e outras especies- decotío en plantacións ilegais en solo agrario que non son perseguidas polas autoridades competentes. De feito, só o 24% do noso territorio ten uso agrícola, fronte ao 40% de países máis desenvolvidos como Francia. O informe O informe “Propiedade, mobilidade de terras e valorización territorial” (Laboratorio do Territorio, Universidade de Santiago), publicado recentemente, revelou que, dende 1985, perdéronse na Galiza 265.000 hectáreas de superficie agraria útil.

Outro dos eixes sobre o que viran as palabras da secretaria xeral do SLG é a defensa dos nosos montes comunais, un modelo de propiedade comunitaria de enorme valor social en moitas zonas desfavorecidas de Galiza e tamén ameazado por factores como a fiscalidade excesiva sobre os beneficios do monte, a inxerencia na capacidade de decisión dos comuneiros e comuneiras e mesmo a tentativa de privatización.

A nivel xeral, o informe que se presenta hoxe denuncia que, nos últimos 10 anos, as pequenas e medianas explotacións perderon o control sobre o 17% das terras europeas. No caso do Estado Español, a agricultura familiar pasou de controlar o 15% da terra a tan só o 7%; e 1.097 fincas posúen o dobre de terra que as 503.082 granxas máis pequenas. A inxustiza agudízase ao acaparar estas familias terratenentes tamén boa parte das axudas da Política Agraria Común (PAC). As organizacións promotoras desta campaña avogamos por “unha política de terras acorde cunha nova política agraria que favoreza e apoie un modelo produtivo social e sostible, que poña en valor a terra como ben común ao servizo da sociedade para producir alimentos saudábeis e facelo de maneira sostible”.

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Escriba un comentario: Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Es actualidad

  • Planas pide unidad de acción para oponerse al recorte del 20% de la PAC propuesto Bruselas 08/09/2025
  • Castilla y León amplía a las ayudas por los incendios a 70 productores más 05/09/2025
  • El precio medio de la tierra sigue subiendo: +2,8 % en 2024 03/09/2025
  • Castilla y León publica la lista de 460 beneficiarios de 5.500 € por los incendios y activa nuevas ayudas 02/09/2025
  • PAC 2025: 16.152 menos solicitudes y 110.879 ha menos que en 2024 02/09/2025
  • Asignados casi 11 M€ de la reserva nacional de ayuda básica a la renta a 2.336 agricultores y ganaderos 02/09/2025
  • ¿Cuánto se ha quemado? ¿Qué ayudas habrá? 01/09/2025
  • Los solicitantes de la PAC se reducen en un 40% en 15 años y cada vez son más viejos 01/09/2025

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2018 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web y obtener analítica web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo.Estoy de acuerdo