O sindicado Unións Agrarias denuncia que a día de hoxe un gran número de explotacións gandeiras de Galicia continúan sen recibir as axudas da PAC correspondentes ao ano 2015. Non se entende a falta de sensibilidade da Xunta de Galicia para un sector que como o lácteo está a atravesar unha gravísima falta de liquidez pola caída en picado dos prezos do leite en orixe.
Xa que o pasado martes o presidente Feijoo, facendo gala dos datos do déficit en Galicia, viña a dicir que o seu Goberno estaba ao día nos pagos, cabe preguntarse se liquidar as axudas que lles adebedan aos gandeiros entra dentro das súas competencias. Desde UUAA lémbrase que practicamente as 9.000 granxas de leite que sobreviven en Galicia están en perdas polo que a entrada de fondos derivados da PAC resultan imprescindibles para afrontar minimamente os pagos.
Finalmente, desde o sindicato insístese que a día de hoxe na campaña de 2016, non chegan a pouco mais da metade as presolicitudes cargadas pola administración no sistema informático, o que na práctica supón un estancamento, preludio dun futuro colapso administrativo similar ao do exercicio anterior. Ante esta situación a organización agraria esixe que o Magrama autorice a ampliación do prazo máis alá do 15 de maio para evitar males maiores a uns produtores que bastante teñen co acoso das industrias, o engano da distribución e a pasividade das administracións.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.