Agrodigital

la web del campo

  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Frutas y hortalizas
    • Vino
    • Olivar
    • Remolacha y azúcar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
    • Insumos agrícolas
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • Política agraria España
    • Política agraria países terceros
    • OMC – Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • CC.AA.
    • Castilla y León
  • Legislación
  • Varios
    • Artículos
    • Buscador
    • Anuncios clasificados
    • Contacto
    • Newsletter
Está aquí: Home / Medio ambiente / Medio Ambiente / UUAA: O orzamento 2015 deixa os gandeiros sos ante os ataques do lobo

           

UUAA: O orzamento 2015 deixa os gandeiros sos ante os ataques do lobo

30/10/2014

Os fondos previstos pola Xunta de Galicia para a indemnización dos danos da fauna salvaxe, que figuran no Anteproxecto de Orzamentos da Consellería de Medio Ambiente, Ordenación do Territorio e Infraestruturas para o ano 2015, son para Unións Agrarias de todo punto inaceptables xa que se prevé unha partida ridícula de apenas 106.000 euros.

Na actualidade os 105.000 euros que se veñen destinando ao pago dos danos do lobo son insuficientes para atender todas as solicitudes, sendo numerosas as queixas de gandeiros afectados que aínda teñen pendentes de cobro dos expedientes do 2012. Hai que ter en conta que a media de solicitudes de indemnizacións destes últimos anos ronda as 1.300 reses. Como exemplo no ano 2013 se presentaron solicitudes para cubrir 1.227 reses mortas polo lobo (687 ovellas, 279 vacas, 160 cabalos e 101 cabras). Con este orzamento previsto apenas chegaría para unha media de 86 euros/res, cando unha vaca de leite ten recoñecidos dereitos de indemnización por máis de 1.200 euros.

O mal funcionamento das axudas, causado polos retrasos nos pagos, teñen a súa orixe na falta de dotación orzamentaria suficiente. E están a xerar a perda dos avances de moitos anos de traballo de Administración, agricultores e gandeiros, organización agrarias, e ecoloxistas, na conciliación da existencia do lobo coa a súa afectación a gandería e na concienciación xeral dos habitantes do rural para evitar unha percepción negativa do lobo.

O sindicato entende que os fondos para a indemnización dos danos ao ando, deberían como mínimo multiplicarse por catro para atender aos danos existentes a día de hoxe, así como dotar axeitadamente unha liña de axudas preventivas para o manexo do gando extensivo. Este tería un custe inferior a 20 céntimos de euro por galego e ano. Non se pode entender por “xestionar o lobo” simplemente esperar a que realice danos nunha zona, para despois pagar mal e tarde os danos aos gandeiros. Precisamente estes extremos serán tratados na próxima reunión de UUAA coa Directora Xeral de Conservación da Natureza, Verónica Tellado, o próximo día 30 de outubro.

Os ataques do lobo ao gando fixéronse máis frecuentes debido á falta de carroñas dispoñibles no monte, pola obriga da retirada do gando morto no monte, forzado pola lexislación comunitaria, trala crise das vacas tolas, o que impide a tradicional práctica dos muladares. Tamén polo aumento do manexo extensivo do gando, e polo probable crecemento das propias manadas de lobos en Galicia, que se están a censar nestes meses por parte da Xunta.

Unións Agrarias fará chegar aos diferentes grupos políticos no Parlamento de Galicia, unha proposta de emenda nos próximos días, a fin de que se aumente esta partida orzamentaria, para que sexa posible conciliar a conservación do lobo cos dereitos dos gandeiros a sacar adiante as súas explotacións e o pan das súas familias, nun momento económico especialmente delicado para a gandería de leite e carne.

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Escriba un comentario: Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Es actualidad

  • Alerta del impacto de los mega incendios en la fauna silvestre y su relación con el campo 04/09/2025
  • Unió de Pagesos pide actuar contra la fauna cinegética en sus fincas 30/07/2025
  • Castilla-La Mancha: denuncian que la sobrepoblación de conejos sigue fuera de control 11/07/2025
  • Los ayuntamientos valencianos ya pueden solicitar ayudas para controlar la sobrepoblación de jabalíes 10/07/2025
  • ¿Es este el año más frío del resto de su vida? 03/07/2025
  • Bruselas propone reducir un 90 % las emisiones de gases de efecto invernadero para 2040 03/07/2025
  • Una herramienta digital permite simular cómo afectará la erosión del suelo en los próximos 100 años 24/06/2025
  • Activado un plan de control poblacional de jabalíes en Girona 06/06/2025

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2018 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web y obtener analítica web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo.Estoy de acuerdo