Agrodigital

la web del campo

  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Frutas y hortalizas
    • Vino
    • Olivar
    • Remolacha y azúcar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
    • Insumos agrícolas
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • Política agraria España
    • Política agraria países terceros
    • OMC – Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • CC.AA.
    • Castilla y León
  • Legislación
  • Varios
    • Artículos
    • Buscador
    • Anuncios clasificados
    • Contacto
    • Newsletter
Está aquí: Home / Ganadería / Leche / A industria láctea castiga a gandería sostible baixando o prezo do leite das vacas alimentadas con pastos e forraxes naturais

           

A industria láctea castiga a gandería sostible baixando o prezo do leite das vacas alimentadas con pastos e forraxes naturais

23/10/2014

A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, acompañada polo gandeiro e membro da Executiva do SLG, Mariano Pazos Currais, ofreceron hoxe, 22 de outubro, unha rolda de prensa para denunciar as estrataxemas da industria leiteira de cara a impoñer unilateralmente baixadas de prezo que sitúan ao leite producido no noso país como o peor pagado do Estado e un dos menos retribuídos da Unión Europea.

En efecto, nos últimos tempos as industrias están a argumentar rebaixas no prezo que pagan polo leite por criterios técnicos como o nivel de lactosa ou o punto crioscópico. Resulta especialmente vergoñento a utilización arbitraria deste último indicador, que controla a presenza de auga no leite, xa que castiga ás ganderías alimentadas con forraxes e pastos naturais. O punto crioscópico mide cando se conxela o leite, e o Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (Ligal) teno fixado en -512. Mídese para evitar a adulteración de leite ao mesturalo con auga, xa que a presenza desta última faría que ese punto crioscópico se achegase máis a 0°. O problema é que o leite das vacas que pacen herba, sobre todo despois das intensas choivas dos últimos meses e normalmente no noso clima, ten unha maior presenza de auga precisamente pola súa alimentación natural, pero sempre dentro dos estándares de calidade marcados polo Ligal. Sen embargo, as industrias veñen de crear os seus propios criterios de aplicación do punto crioscópico para argumentar baixadas de prezos inxustificables no actual contexto de mercado, e están penalizando a aquelas explotacións que apostan polo pastoreo en praderías e que son máis sostibles dende o punto de vista ambiental, económico ou de xestión do territorio. Ademais, este modelo produtivo non está sometido aos riscos inherentes de alimentar o gando con pensos elaborados maiormente con soia e cereais transxénicos cultivados en América ou con grans importados en grandes continxentes por transporte marítimo en longas travesías que favorecen a posibilidade de fermentacións nocivas como as aflatoxinas.

Artimañas coma esta están a facer que na Galiza sigamos á cola do Estado e da Unión Europea no que se refire ao valor do leite. Con datos do mes de agosto, o prezo medio na Galiza situábase nos 33 céntimos por litro, cando só os custes de produción no sector lácteo están por riba dos 37 céntimos (a falla de coñecer os datos oficiais publicados pola Consellaría de Medio Rural, podemos constatar que o valor medio aínda baixou máis en setembro e anda entre 32 e 30 céntimos). En calquera caso, un prezo moi inferior a comunidades como Andalucía, onde se pagou o leite de agosto a 38 céntimos; Navarra, a 37; Asturias e Euskadi, a 36; ou Cantabria, a 34 (o prezo medio no Estado foi de 36 céntimos en agosto). Na Unión Europea os valores medios situáronse en 37 céntimos para Alemaña e Francia; 39 céntimos para o Reino Unido; ou 41 céntimos para Italia.

En canto ás medidas coas que a administración enfronta esta problemática, non están a servir de nada. Nun comunicado recente, a Consellaría de Medio Rural falaba de ter asinado un convenio con Cantabria para vixiar o cumprimento dos contratos no sector, de facer políticas activas para dotar de base territorial ás explotacións a través da Lei de Mobilidade de Terras, ou de ter impulsado unha aplicación informática para calcular referencias de cara negociar e fixar prezos. Mais a Lei de Mobilidade de Terras fica en papel mollado ao haber outros textos lexislativos, como a Lei do Solo ou o Plan Sectorial de Actividades Extractivas, que desprotexen a terra agraria; e a ferramenta de cálculo , chamada Xacobea e presentada o 28 de maio, non ofrece ningunha garantía de que as referencias que dea vaian servir para fixar prezos que cubran os custes de produción e os beneficios das explotacións e, aínda que o fixese, non existe ningunha lei que obrigue á industria a aceptar os prezos recomendados. En canto ás inspeccións para garantir o cumprimento dos contratos, no sector sabemos que estes documentos están a ser redactados e impostos unilateralmente polas empresas que recollen o leite e obedecen unicamente aos seus intereses, fixando os prezos e as condicións que mellor lles conveñen. Deste xeito, se a Consellaría de Medio Rural intensifica as inspeccións para garantir o cumprimento destes contratos sen que haxa unha lexislación que garanta unha negociación equilibrada entre as dúas partes, estará actuando como xendarme dos intereses da industria.

A falta de efectividade da Consellaría de Medio Rural e do Ministerio de Agricultura contrasta coas medidas adoptadas en países veciños coma Francia, onde o goberno ven de publicar unha lei que obriga a negociar para revisar á alza os prezos do leite en caso de que haxa un aumento obxectivo dos custes de produción. Para Isabel Vilalba, “as medidas desenvolvidas pola Consellaría de Medio Rural ou polo Ministerio de Agricultura non son suficientes, polo que reclamamos da administración unha posición máis clara, contundente e eficaz nesta problemática”.

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Escriba un comentario: Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Es actualidad

  • La industria láctea europea apoya el acuerdo con Mercosur 19/09/2025
  • Nuevo presidente en Fenil 18/09/2025
  • Crece la producción mundial de leche en 2025 y con previsión de que siga creciendo 12/09/2025
  • ¿Cuál es el precio que han pagado las principales industrias lácteas de la UE en abril? 08/09/2025
  • Vuelven a bajar las entregas y los precios en junio 02/09/2025
  • Italia sube al segundo puesto como mayor exportador mundial de queso 15/07/2025
  • El consumo mundial de lácteos continuará creciendo en la próxima década 11/07/2025
  • España, a la cola de la UE en precio de la leche pese a ser un país deficitario 10/07/2025

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2018 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web y obtener analítica web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo.Estoy de acuerdo