O sindicato Unións Agrarias espera que a Consellería de Medio Rural sexa sensible a situación de especial incerteza que está atravesando o sector lácteo galego e dote de orzamento suficiente os Plans de Mellora solicitados polas explotacións, cuxo prazo de aprobación ven de rematar.
Ante a inminente comunicación ós interesados, UUAA espera que se aproben a totalidade dos Plans de Mellora solicitados, especialmente para explotacións de vacún de leite que afrontan un período moi complicado de adaptación a unha nova situación de mercado sen cotas e que polo tanto requiren de estas melloras para reducir custos e modernizar as explotacións.
Para o sindicato resulta relevante que todos os solicitantes xa tiveron que facer fronte ó pago de custosas licencias municipais, proxectos e demáis autorizacións e que moitos deles xa teñen as obras en parte ou na súa totalidade feitas, polo que xa fixeron un esforzo moi importante de inversión a espera da axuda correspondente.
A denegación de axudas a estas explotacións suporía un freo máis á súa adaptación ó novo escenario sen cotas, e unido á posible supertaxa sería outro duro golpe que poría en serio risco a viabilidade de moitas delas.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.