Os casos de fraude na cesión de cotas lácteas que desde hai semanas están sendo denunciadas polos produtores nas oficinas de UUAA, non terían posibilidade de producirse se o FEGA e as oficinas de Extensión agraria cruzasen os datos de traspasos de dereitos de produción de xeito automático.
Esta carencia xenera un valeiro que intermediarios sen escrúpulos, e normalmente xa sen actividade e bens cos que responder, estean a provocar unha situación de inseguridade nun momento especialmente delicado como é o do fin do sistema de cotas lácteas. A falta dun plan específico no que traballen as industrias, as administración e os produtores, vai a situar a todo o sector nun horizonte de conflito sen saída no que os competidores franceses van a saír beneficiados, xa que eles si teñen programado a aterraxe no escenario post cotas.
Tal como leva reclamando Unións Agrarias, a reforma do paquete lácteo, despois da constatación do fracaso da súa actual disposición, debe priorizar a contractualización a longo prazo e uns uns niveis de tolerancia de sobrepasamento da produción que non superen o 10%. Na actualidade as tolerancia por sobreprodución poden achegarse ao 50%, unha situación aproveitada polas industrias para incentivar a produción cando a situación de mercado lles beneficia.
Tan so con este cambio teríase evitado a formación dunha burbulla especulativa dos dereitos de produción diante da temor xeneralizado no sector lácteo a unha multa por supertaxa. Desde UUAA reclámase que se prepare e se active nos meses de agosto e setembro o reparto da cota para enfriar o mercado do alugueiro e reventa de dereitos de produción.
Do mesmo xeito, a falta da dunha figura como a do mediador, con capacidade sancionadora que arbitre na compravenda de leite, permitiría que os gandeiros puidesen negociar en pe de igualdade coas industrias evitando deste xeito ter que pechar contratos enriba do inicio de campaña co risco de quedar fora da recollida se non se aceptan as condición que marcan desde as industrias.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.