O secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, reunirase hoxe, a partir das 17.00 horas, en Madrid coa ministra de Agricultura, Isabel Tejerina, para acordar unha extratexia contra a caída de prezos no leite que están a forzar de xeito premeditao as industrias.
Un encontro no que desde a organización agraria se pon sobre a mesa o momento especialmente delicado que comporta a presente campaña láctea. Co fin de cotas os gandeiros galegos teñen o risco de sufrir unha teaza que os deixe sen garantía de recollida, sen prezo para o leite e coa ameaza cada vez máis consolidada do pago de multas millonarias o que vai a supoñer o peche de moitas explotacións pequenas pola falta de liquidez para afrontar as sancións.
Así, igual que en el 2013 non foi difícil sentarse coas industrias, en 2014 non foi posible polo siquiera estas trasladaron unha oferta. Polo que é fundamental obrigar a que previo á finalización dun contrato, a industria teña presentado outro contrato ao gandeiro.
Por outro lado, é preciso que os incumprimento máis flagrantes da política de contratos en cuanto a duración e irregularidades teñan un escarmento. Moito do leite do mes de abril está sen formalizar o contrato. A aplicación real do paquete lácteo é unha necesidade cada vez máis acuciante sobre todo polo que respecta a introdución da figura do mediador como elemento imprescindible para estructurar un sector primario con posibilidades de futuro.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.