A directora da Tesourería xeral da Seguridade Social na Coruña, Cristina Ortiz Dorda vén de comunicarlle a Roberto García, secretario xeral de UUAA a corrección das incidencias que se produciron nas explotacións polo cobro irregular das cotizacións a produtores integrados en SAT ou Sociedades Civís.
O organismo de recadación, dependente do Ministerio de Traballo, recoñece que efectivamente se produciron os feitos e compremétese a devolver a partir de abril e de oficio as cotizacións indebidas. No caso no que algunha SC non reciba a devolución pode deberse a que sigue mal encadrada nas bases de datos polo que debe regularizar a súa situación.
Neste sentido UUAA pon a disposición a súa rede oficinas para que todos produtores poidan coñecer se están afectados e tramitarlles a reclamación oportuna para un rápido reembolso do diñeiro cobrado irregularmente. Lembramos que por este erro estívoselle trasladando as subas de 65 euros a gandeiros e agricultores que cotizan a través de SAT e SC, como se foran autónomos vinculados a sociedades mercantís.
O sindicato Unións Agrarias, exixeu que se devolveran de oficio as cantidades indebidamente cobradas e se paralizara o cobro deste imposto mentres non estivesen os listados debidamente depurados, compromiso que foi plenamente adquirido desde a Tesourería da Seguridade Social xa que neste momento nin eles mesmos saben o alcance do problema.
Finalmente, desde o sindicato trasladaselle a responsable provincial da Seguridade Social a valoración positiva pola rapidez coa que xestionou o tema e faise un chamamento a responsabilidade a todas as administracións para que situacións como a que se ven de denunciar –cada vez son mais frecuentes- deixen de producirse posto son precisamente eses organismos os que deben de velar pola equidade a hora de pagar impostos.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.