• Contacto
  • separador
  • Anuncios clasificados
  • SUSCRÍBETE
Agrodigital

la web del campo

  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Remolacha y azúcar
    • Frutas y hortalizas
    • Insumos agrícolas
    • Vino
    • Olivar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • Política agraria España
    • Política agraria países terceros
    • OMC-Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • Entrevistas
Sección con el apoyo de

O SLG celebra o novo pau do Parlamento Europeo á Lei de Sementes da Comisión

13/03/2014

O Parlamento Europeo rexeitou onte, 11 de marzo, a polémica proposta de regulamento para a produción e comercialización dos materiais de reprodución vexetal da Comisión Europea (máis coñecida como Lei de Sementes) por un resultado contundente de 650 votos en contra, 15 a favor e 13 abstencións. Esta votación produciuse xusto un mes despois de que a Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural (Comagri) do Parlamento Europeo rexeitase a mesma proposta, o 11 de febreiro e, un pouco antes, fixese o mesmo a Comisión de Medio Ambiente, Saúde Pública e Seguridade Alimentaria.

Para as organizacións que, coma o SLG, integramos a Coordinadora Europea da Vía Campesina, trátase dunha boa nova que é resultado do forte rexeitamento social que está a provocar esta tentativa da Comisión Europea de servirlle en bandexa o patrimonio xenético vexetal dos pobos de Europa ás multinacionais do sector; sempre a costa de roubarlle aos labregos e labregas o dereito a cultivar, vender e intercambiar as súas propias sementes.

Cómpre lembrar que a proposta da Comisión Europea forma parte dun paquete de medidas para reforzar a aplicación das normas de saúde e seguridade no conxunto da cadea agroalimentaria. Mais por debaixo desta suposta intención, agáchase a privatización do control público das sementes e a imposición de barreiras para a produción artesanal e a pequena escala, tal e como temos denunciado a Coordinadora Europea da Vía Campesina, o Sindicato Labrego Galego ou a Rede Galega de Sementes.

Aínda que este rexeitamento do Parlamento Europeo é unha boa nova, cómpre seguir exercendo presión en Bruxelas, xa que a Comisión non aceptou retirar a súa proposta, polo que agora esta irá ao Consello de Ministros e Ministras da UE; se este rexeita tamén a proposta, entón o proceso ficará pechado, pero se non o fai e modifica o texto inicial, entón terá que ser sometida de novo ao voto parlamentario ou entrar nun proceso de negociacións até chegar a un acordo

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Escriba un comentario: Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

LO ÚLTIMO DE

18/12/2025

Fendt anuncia su llegada a Argentina 

09/12/2025

Una gira nacional para presentar la nueva generación de Fendt

25/11/2025

Fendt 832 Vario Farm Machine 2026

Lo último sobre INSUMOS AGRÍCOLAS

  • El CBAM en los fertilizantes está en vigor mientras que las medidas de compensación son solo una propuesta 16/01/2026
  • ¿Cuánto incremento de coste puede suponer las nuevas medidas a los fertilizantes? 09/01/2026
  • Corteva y bp lanzan la ‘joint venture’ de materias primas para biocombustibles Etlas™  09/01/2026
  • Un “árbol” de Navidad hecho con 215 tractores 23/12/2025
  • La CE quiere simplificar la legislación fitosanitaria 18/12/2025
  • Fendt anuncia su llegada a Argentina  18/12/2025
  • Entra en vigor la primera directiva para la vigilancia del suelo 17/12/2025
  • Yara Vega, enmienda orgánica que mejora la capacidad de intercambio de nutrientes 16/12/2025
  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • Twitter

¿Quieres estar al día de todo lo que pasa en el campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

QUIERO ESTAR AL DÍA

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2026 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web y obtener analítica web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo.Estoy de acuerdo