Unións Agrarias vén de trasladarlle o ministro de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente, Miguel Arias Cañete que o actual deseño da Política Agraria Común vai a resultar letal para as explotacións de Galicia dado que os parámetros que se prevén castigan a comunidades con menor base territorial como a galega.
Deste xeito o sector lácteo, tal como recoñeceu o propio ministro no marco da reunión, vai a saír perxudicado no reparto de axudas se non se introducen medidas correctoras que permitan que as primeiras hectáreas subvencionadas reciban unha prima respecto das seguintes para que Galicia cunha media de 15 Ha por explotación non se vexa marxinada respecto da media do Estado que é de 30 Ha por explotación.
A este agravio histórico hai sumarlle a falta de acción para controlar que as axudas europeas cheguen a aqueles profesionais que realmente viven da agricultura e gandería, deixando ao marxe aos propietario de grandes extensións que non teñen actividade efectiva o sector primario. Estes agricultores de sofá, co actual debuxo de perceptor que se estipula na PAC, teñen asegurado seguir recibindo de xeito inmoral axudas europeas xa que estipula que para ser perceptor de axudas so é preciso que o 10% dos ingresos que proveñan da agricultura e ter 0,15% UGM por Ha. Neste sentido, Unións Agrarias pide que se fixe como teito máximo unha subvención de 60.000 euros por explotación, e non de 300.000.
Na reunión que tivo lugar hoxe na Subdelegación do Goberno en Ourense, Roberto García insisteu diante de Arias Cañete en que o feito de os gandeiros galegos teñen que comprar nos últimos años cuota para producir ten que tener una compensación económica agora que os ganaderos deberán afrontar el paso a un escenario sin cuotas, do contrario serán os máis perjudicados pola reforma da PAC xunto aos viticultores que verán desaparecer os dereitos de plantación
Agader marxina a Ourense
Finalmente desde o sindicato tamén se alerta da escandalosa marxinación da provincia de Ourense realizada pola AGADER no reparto que ven de producirse dos fondos para os GDR, e na que se primou de modo absoluto a Pontevedra e A Coruña deixando a Ourense con apenas 800.000 euros, que é o mínimo establecido.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.