O proxecto de orzamentos da Xunta para o ano 2014, trae a novidade de destinar os cartos do Fondo de Compensación Ambiental, a pagar o alugueiro dos medios aéreos de extinción para a vindeira campaña de loita contra o lume do ano 2014.
Os 9 millóns recadados pola Xunta de Galicia, dos parques eólicos galegos a través do Canon Eólico, e que se destinan ao Fondo de Compensación Ambiental, permitirían cofinanciar Fondos Europeos para sumar un orzamento suficiente para forestar ata 24.000 ha de monte, unha superficie superior á queimada en Galicia no presente ano 2013. Isto é así porque os fondos destinados a extinción de incendios non son cofinanciables con fondos Estruturais da Unión Europea, mentres que a prevención, a xestión forestal, a ordenación de montes, e as actividades agrogandeiras que xeran actividade e prevención, sí son cofinanciables e encaixarían no PDR de Galicia.
Hai que ter en conta que o PDR de Galicia 2007-2013, leva un nivel de execución moi baixo, cifrado no 54% do orzamento programado, en decembro de 2012 (última cifra oficial publicada) o que conlevará a devolución de fondos asignados a Galicia a Bruxelas de non conseguir investirse no rural galego nos dous anos de prórroga do PDR que quedan ata o 2015.
Unións Agrarias quere denunciar que destinar eses cartos a pagar o alugueiro de medios aéreos, en vez de cofinanciar fondos do PDR para xerar xestión forestal e desenvolvemento rural, é unha nova oportunidade perdida para cambiar a dinámica da prevención e loita contra os incendios forestais, que lonxe de ser unha cuestión de orde pública, ou de destinar máis cartos a despliegues de medios que sempre se ven desbordados cando as condicións climáticas se complican, ten que abordarse dende o desenvolvemento rural, a creación de emprego e riqueza no rural galego, a diminución de conflitos, e as reformas estruturais que permitan a xestión do monte e a continuidade da agricultura e a gandeiría como actividades que manteñen os prados, cultivos e terras de labor que fan de cortalumes naturais e impiden a aparición de grandes incendios forestais na paisaxe galega.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.