Agrodigital

la web del campo

  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Frutas y hortalizas
    • Vino
    • Olivar
    • Remolacha y azúcar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
    • Insumos agrícolas
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • Política agraria España
    • Política agraria países terceros
    • OMC – Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • CC.AA.
    • Castilla y León
  • Legislación
  • Varios
    • Artículos
    • Buscador
    • Anuncios clasificados
    • Contacto
    • Newsletter
Está aquí: Home / Ganadería / Leche / O Sindicato Labrego Galego defende en Bruxelas un control da produción alternativo ante a desaparición do sistema de cotas

           

O Sindicato Labrego Galego defende en Bruxelas un control da produción alternativo ante a desaparición do sistema de cotas

26/09/2013

Isabel Vilalba participou na conferencia “O sector lácteo da Unión Europea: desenvolvemento despois de 2015”, organizada pola Comisión de Agricultura e Desenvolvento Rural1. Nesta conferencia estiveron o Comisario de Agricultura, Dacian Ciolos, e varios expertos que analizaron de que xeito afectará a supresión dos controis na produción leiteira comunitaria a partir de 2015.

Segundo adiantou a secretaria xeral do SLG, o comisario de Agricultura, Dacian Ciolos, recoñeceu na súa intervención que o final do sistema de cotas traerá canda si un incremento da produción que podería ocasionar graves desaxustes entre a oferta e a demanda, amais da volatilidade dos prezos, coa posible desaparición da produción leiteira en amplas zonas rurais de Europa onde este sector é o principal motor económico e de xeración de emprego, tal e como ten denunciado reiteradamente a Coordinadora Europea da Vía Campesina (ECVC), da que forma parte o SLG.

Pola súa banda, Isabel Vilalba expresou a oposición do Sindicato Labrego Galego, e de todas as organizacións que forman parte da ECVC, á supresión do sistema de cotas sen articular ningún outro mecanismo de control da produción. En efecto, tal e como recoñeceu Ciolos, permitir a produción libre de leite na Unión Europea levará a que explotacións de corte industrial e sobredimensionadas asolaguen o mercado provocando a caída duns prezos que, agora mesmo, nin sequera cobren os custes de produción. Isto suporía a ruína para miles de explotacións de pequena e mediana escala, como a maioría das que existen no noso país, e mesmo de moitas de tamaño máis grande, para as que a produción leiteira deixaría de ser rendíbel nesas condicións.

Un informe da Coordinadora de Organizacións Agrarias e Gandeiras (COAG) incide no mesmo: a supresión do sistema de cotas provocará un aumento da produción de leite na Unión Europea do 5% e unha redución dos prezos do 10%, porcentaxes que na Galiza serían superiores2. O caso de Suíza, onde tamén se abandonaron as cotas para producir libremente, é paradigmático: no país helvético aumentou a produción de leite nun 7% e os prezos en orixe sufriron caídas entre o 20% e o 30%.

É obvio que a supresión do sistema de cotas sen articular outro método de control alternativo sería catastrófica para o medio rural daquelas zonas xeográficas comunitarias nas que a produción leiteira é a principal actividade económica, como Galiza ou, a nivel estatal, a Cornixa Cantábrica; e levaría a unha concentración da produción en rexións con granxas máis industrializadas como o norte de Alemaña ou o Reino Unido. Diante destas previsións, Isabel Vilalba Seivane defendeu medidas efectivas que eviten prezos ruinosos e a desaparición de máis explotacións na Galiza e noutras zonas europeas.

A actividade da secretaria xeral do SLG en Bruxelas continua hoxe, 25 de setembro, coa celebración dunha xuntanza do Grupo de Traballo do Sector Lácteo da ECVC na que tamén participará. Neste encontro, analizaranse as conclusións da conferencia de onte, antes de deseñar e adoptar estratexias, tanto a nivel estatal como comunitario, para facer fronte aos cambios drásticos que se lle aveciñan ao sector leiteiro europeo.

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Escriba un comentario: Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Es actualidad

  • La industria láctea europea apoya el acuerdo con Mercosur 19/09/2025
  • Nuevo presidente en Fenil 18/09/2025
  • Crece la producción mundial de leche en 2025 y con previsión de que siga creciendo 12/09/2025
  • ¿Cuál es el precio que han pagado las principales industrias lácteas de la UE en abril? 08/09/2025
  • Vuelven a bajar las entregas y los precios en junio 02/09/2025
  • Italia sube al segundo puesto como mayor exportador mundial de queso 15/07/2025
  • El consumo mundial de lácteos continuará creciendo en la próxima década 11/07/2025
  • España, a la cola de la UE en precio de la leche pese a ser un país deficitario 10/07/2025

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2018 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web y obtener analítica web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo.Estoy de acuerdo