O texto aprobado na tarde de onte en Madrid ten as grandes eivas que Unións Agrarias ven denunciando desde que coñeceu a súa primeira redacción, como é a falta dunha arbitraxe real e eficaz que garanta a construción de valor xusta para tódalas mallas da cadea. Así no texto votado a figura do mediador segue enmarcándose no Código de Boas prácticas. Desde UUAA consideramos que o mediador español é unha caricatura do mediador francés. Xa que a adhesión ao mesmo é voluntario para as partes e seus acordos non son vinculantes. En cambio o francés intervén de xeito executivo en todo caso de discrepancias e pode propoñer ao goberno medidas a tomar.
Con este marco legal os produtores galegos atópanse curiosamente nunha situación peor á de antes de que Núñez Feijoo se comprometera a defendelos. Agora como os contratos son obrigatorios para vender o leite os gandeiros teñen que coller o que lles dan ou tirar coa produción posto que industrias e distribución non van a entrar nunha arbitraxe voluntaria na que so teñen que gañar a perda da súa posición de forza.
O pasado 3 de xullo o presidente da Xunta de Galicia anunciou que a Administración autonómica será «contundente» con aquelas distribuidoras que seguen utilizando o leite como «un produto reclamo», para que non se lle aplique unha «rebaixa permanente» sobre un produto que ten «un vínculo indisoluble» con Galicia. Custa casar estas arengas coa realidade normativa que ven de aprobarse no Congreso cos únicos votos do Partido Popular –e sen aceptar emendas da oposición parlamentaria-, xa que chega con visitar calquera supermercado para comprobar que a venta a perdas e o uso de produtos reclamo e unha práctica comercial que goza de moi boa saúde en Galicia.
Todas as distribuidoras ofrecen o litro de leite enteiro UHT a 51 – 55 céntimos. O que fai sospeitar dun posible pacto de prezos e, tendo en conta os estudios elaborados polo Ministerio, dunha venda a perdas. Polo que esiximos ao Presidente da Xunta que pase das intencións á acción e se abran os correspondentes expedientes de investigación e se impoñan as sancións que correspondan.
Para evitar estas prácticas UUAA propuxera para as subhastas electrónicas, que foran consideradas anormais ou desproporcionadas aquelas ofertas que no superen los custes medios de produción que para cada período y produto sinale o informe que elabore o Observatorio da Cadea Alimentaria. É dicir, incorporando o concepto de “baixa temeraria” xa vixente para calquera contratación pública. Non foi atendida.
Un sector lácteo devaluado. Andalucía gaña, Galicia perde.
O 3 de outubro de 2012 o Paquete lácteo xa establecía os contratos obrigatorios e a posibilidade da negociación das súas condicións por parte das organizacións de produtores. A Lei da Cadea igualará o resto de sectores ao sector lácteo, cando a Unión Europea xa recoñeceu as especiais dificultades que atravesan os gandeiros e tomou medidas correctoras ao respecto coa aprobación do Paquete lácteo. En cambio, suporá un pulo importante a outros sectores como o do aceite de oliva e os sectores integrados (porcino, avícola, etc), o cal supón acadar unha das grandes reivindicacións que tiña para a Lei da cadea a Junta de Andalucía.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.