AGACA celebrou el viernes, en Santiago, a XXV Asemblea Xeral na que resultou elexido presidente, José Montes Pérez, que tamén ostenta o cargo de presidente de FEIRACO, para os vindeiros catro anos. Substitúe no cargo a José Luis López Vázquez, quen ocupou a presidencia dende 2005 ata hoxe. Outro cambio prodúcese ao ampliar a composición dos Consellos Sectoriais, pasando de seis a oito membros.
Un emocionado José Montes amosou a súa sorpresa polo nomeamento, agradeceu o apoio obtido nesta elección e insistiu na necesidade de continuar traballando polo fomento do cooperativismo. Amosouse moi optimista ante as posibilidades que poden abrirse coas novas leis en camiño e o traballo das Ops (Organizacións de Produtores) entre outras iniciativas en marcha, e expresou a súa motivación por continuar promocionando e defendendo o cooperativismo.
No seu discurso de despedida, Vázquez expresou o seu orgullo por ter representado ás cooperativas nestes anos e agradeceu os apoios obtidos ata o de agora que lle permitiron desenvolver un importante labor de representación durante esta tempada.
Os integrantes dos Consellos Sectoriais adoitan significar unha representación dos distintos sectores produtivos puidendo ampliarse, desdobrarse ou reducirse, respectando os máximos e mínimos, segundo se acorde por decisión da Asemblea Xeral. Nesta ocasión, aprobouse un cambio nos estatutos ao proceder a un desdobramento dos sectores de leite e de viño co obxecto de alcanzar unha representación más fiel á realidade sectorial ante calquera reunión ou negociación ante os distintos organismos ou institucións que proceda.
No primeiro caso, establécense dous bloques:
– Leite: representaría ás cooperativas comercializadoras de leite sen transformar e a aquelas nas que o principal nexo de unión sexa a negociación e o mercado de leite.
– Derivados lácteos: representará ás cooperativas con actividade na transformación leiteira ou aquelas con participación nunha industria transformadora.
No viño, ambos bloques representarán ás cooperativas produtoras e/ou comercializadoras de uvas:
– Vitivinícola interior: afecta ás integradas nas Denominacións de Orixe de Valdeorras, Monterrei, Ribeiro e Ribeira Sacra.
– Vitivinicultura de costa: abranque ás da Denominación de Orixe de Rías Baixas.
Plan Actividades 2013
Hai uns días faciamos públicos os datos que demostraban que as cooperativas galegas supoñen un factor importantísimo no desenvolvemento económico de Galicia (entre 2007 e 2011 • nº socios incrementouse nun 19,8%; a facturación nun 13,27% e o emprego total nun 11,87%). A actividade de 2012 reafirma o seu papel como motor de desenvolvemento tanto a nivel económico, xerando emprego e riqueza, como social, altamente valorable nos distintos concellos rurais.
Por este motivo, o director –xerente de AGACA, Higinio Mougán, insistía, durante a Asemblea, na necesidade de “axudar ós máis mozos cando estean a dar os cruciais primeiros pasos na posta en marcha dunha actividade rural”, “ hai que dar apoio o relevo xeneracional, é imprescindible”.
Reivindicaba tamén o papel, como eixo vertebrador deste país, das cooperativas agrarias, “un sector comprometido, con historia, que ten superado etapas moi difíciles saíndo sempre reforzados delas”.
O Plan de Actividades anual, como ven sendo norma dende hai uns anos, acusa a inxerencia da crise económica que sitúa a algunhas cooperativas nunca situación delicada, dado que a maioría das explotacións gandeiras sufriron perdas en 2012, pola suba dos prezos internacionais das materias primas de alimentación animal e a presión incontrolada e de dominio da gran distribución moderna.
A anunciada reforma da PAC (Política Agraria Común) 2014-2020 manterá a volatilidade dos mercados e dos prezos, as caídas das axudas ós produtores, a globalización dos mercados e perdas de competitividade polos sobrecustes da lexislación na UE (condicionalidade), imposibilitando a regulación dos mercados, recortando, ademais, orzamentos.
Por outra banda, as cooperativas agardan que a Lei de Medidas para Mellorar o Funcionamento da Cadea Alimentaria axude a protexer os custes de produción, e os prezos dos produtos ante a enorme presión da gran distribución, e por tanto, aos agricultores e gandeiros afastándoos de ter que pechar explotacións.
Nun exercicio de introspección, o xerente de AGACA, Higinio Mougán, insistiu en que “no sector agrario seguimos desorganizados e desestructurados” nun momento en que a tendencia das axudas públicas é decrecente polo que cómpre “propoñer, impulsar e apoiar aquela normativa que aspire a alcanzar o reequilibrio da cadea valor produtos agroalimentarios”.
Accións promovidas por AGACA
Entre as medidas impulsoras de AGACA figuran a aposta polas OPs (Organizacións de Produtores), entidades cunha dimensión relevante, constituídas a iniciativa dos produtores co fin de alcanzar unha mellor posición na cadea alimentaria. Ademais promoverá o reforzo das alianzas entre cooperativas co obxecto de mellorar a posición negociadora e o papel das interprofesionais para alcanzar maior estabilidade nos mercados, unha vez desaparecidos os mecanismos de regulación dos mesmos.
Hai uns meses poñíase en marcha a OP, Aprolact, iniciando un proceso de negociación conxunto coas principais industrias lácteas.
Tamén se creaba UCOGA, unha Correduría de Seguros integrada por cooperativas con experiencia en seguros e AGACA, orientada a alcanzar o máximo beneficio para as cooperativas e os seus socios a través desta ferramenta especializada.
Estase a realizar un importante esforzo no impulso da cultura cooperativa, fortalecendo a imaxe do cooperativismo en Galicia como xerador de emprego, co apoio das axudas da Rede Eusumo.
Que as cooperativas participen e se involucren conxuntamente en novos proxectos de Innovación e Internacionalización é outro dos obxectivos nos que se está a traballar en firme, igual que na promoción de xeración de emprego no rural mediante animación e asesoramento a parados a través do autoemprego.
A formación continuará a ser un dos focos destacados nas actividades a desenvolver, con especial atención á execución de plans formativos dirixidos ós Consellos Reitores, máximo órgano decisivo de calquera cooperativa.
No ámbito gandeiro, seguirase promocionando a Certificación de Calidade do Leite, mediante o RLVCC (Referencial de Leite de Vaca Certificado de Cooperativa), sabendo que está a ser unha demanda crecente na industria, a pesar da diminución ou desaparición das axudas.
Seguirase traballando na difusión e aplicación de medidas de aforro de enerxía e enerxías alternativas nas explotacións.
En definitiva, acompañarase ás entidades socias nun ámbito tan difícil e cambiante como o actual, baixo criterios profesionais e de defensa do contorno cooperativo.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.