O informe publicado onte polo Consello Galego da Competencia supón un claro convite ao presidente da Xunta a que procure as melloras na Lei de Calidade Alimentaria que lle ven reclamando o sector lácteo desde a sinatura do acordo do pasado 7 de decembro.
Na literalidade do texto do informe recollese a situación de debilidade e desvantaxe dos gandeiros coas industrias e a distribución a hora de fixar os prezos do leite. Neste sentido reclama que haxa mecanismos de control que reequilibren a cadea de valor do leite para que as explotacións non teñan que vender a produción por debaixo de custes. Unións Agrarias espera que nesta ocasión o presidente da Xunta – xa que o seu propio goberno llelo pide- faga valer a súa influencia no Grupo Parlamentario do Partido Popular no Congreso dos Deputados para impulsar a emenda a citada lei.
Do mesmo xeito desde o sindicato agardase que Francisco Hernández, presidente do CGC active os mecanismos que ten ao seu alcance para impedir que se sigan producindo as ilegalidades e abusos das industrias sobre os gandeiros, que tan acertadamente describe no seu informe. Solo pola vía das sancións efectivas e contundentes aos que cometen os abusos derivados da súa posición de dominio, se vai a frear estas prácticas, porque como ben no escrito “de nada serven as declaracións de vontade”.
A Lei de Calidade Alimentaria, que agora se atopa en tramitación parlamentaria, contén grandes lagoas que a van levar a unha total inoperancia na resolución dos graves problemas que atravesa o sector lácteo galego. Nela bótase en falta a figura do mediador que fixe unha arbitraxe xusta no caso de desacordo en prezo entre industria e produtor polo que é evidente que a Administración renuncia a intervir para favorecer unha concreción equilibrada na cadea de valor do leite.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.