O secretario xeral de Unións Agrarias Roberto García, manifestaba a saída da reunión co secretario Xeral de Agricultura, Tomás Fernández Couto, que “xuntanzas como estas son unha perda de tempo senón se aborda a chave do problema como é a introdución dos custes de produción na formación do prezo do leite”.
Para o sindicato é moi clarificador que no encontro mantido esta semana no Ministerio de Agricultura co director xeral de Industrias Agroalimentarias, Fernando Burgaz, lles recoñeceran que non tiñan ningunha constancia das emendas á Lei de Calidade Agroalimentaria que o presidente da Xunta de Galicia se comprometeu a trasladar ao Goberno.
Unhas melloras que foron acordadas por Núñez Feijoo o pasado 7 decembro de 2012 co sector e que xiraban en esencia sobre a necesidade de habilitar fórmulas que impedisen que os gandeiros teñan que vender o leite por debaixo de custes.
Neste contexto o presidente da Xunta de Galicia ten a obriga de abandonar o papel de mero observador, e remangarse politicamente para frear este despropósito que se pode levar por diante a todo o sector lácteo galego. Do contrario botaría por terra os e deixaría moi comprometida a súa lexitimidade como presidente ó antepoñer a disciplina de partido sobre os intereses de Galicia.
UUAA, e con ela todo o sector, é consciente que só desde un marco legal claro, completo e contundente se poña fin a mecánica de venta a perdas que a distribución francesa leva perpetrando con total impunidade para afogar ao sector produtor galego e quedarse con tada a cota de mercado. Non ten pois ningunha utilidade o chamado Código de Boas Prácticas posto que tal como está definido non ten carácter disuasorio para as firmas comerciais que o incumpran xa que se basea unicamente na boa vontade.
Do mesmo xeito, hai que protexer a parte máis débil da cadea do leite como son os produtores e para iso é imprescindible a figura do mediador que fixe unha arbitraxe xusta no caso de desacordo en prezo entre industria e produtor polo que é evidente que a Administración renuncia a intervir para favorecer unha concreción equilibrada na cadea de valor do leite.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.