Agrodigital

la web del campo

  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Frutas y hortalizas
    • Vino
    • Olivar
    • Remolacha y azúcar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
    • Insumos agrícolas
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • Política agraria España
    • Política agraria países terceros
    • OMC – Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • CC.AA.
    • Castilla y León
  • Legislación
  • Varios
    • Artículos
    • Buscador
    • Anuncios clasificados
    • Contacto
    • Newsletter
Está aquí: Home / Medio ambiente / Energías renovables / O novo decreto das enerxías renovables traerá perdas ó rural

           

O novo decreto das enerxías renovables traerá perdas ó rural

07/02/2013

Unións Agrarias e a Asociación de propietarios de terreos eólicos, Ventonoso, veñen de denunciar o impacto do recente RDL 2/2013 de medidas urxentes no sector eléctrico, aprobado no Consello de Ministros do pasado venres 1 de febreiro, onde entre outras disposicións se recolle a paralización do sistema de retribución de primas da enerxía eólica.

Este RDL súmase a anteriores decisións, tanto da Xunta de Galicia, como do Goberno, que veñen de facer inviable, non só o futuro desenvolvemento dos Parques Eólicos, en tramitación, concedidos no concurso eólico convocado pola Xunta de Galicia no ano 2009, senón que ameaza incluso á viabilidade económica dos parques actualmente instalados en Galicia, que suman unha potencia de 3.300 MW, o equivalente a 3 centrais nucleares.

A decisión da Xunta de anular o concurso eólico do ano 2007, deu o traste coa instalación de máis de 2.000 MW de potencia, aos que se tiña asociados daquela 5.000 millóns de euros en investimentos empresariais, estando moitos proxectos vinculados ao sector primario (fundalmentalmente cooperativas lácteas que agora atravesan serios problemas), o sector agroalimentario, e da pesca e as conservas, o que tería reforzado ao sector primario de Galicia para facer fronte a actual crise, tanto na súa viabilidade económica como nas posibilidades de xerar emprego no rural.

Por outra banda, a eliminación das primas deste RDL, dá xa a puntilla definitiva aos parques eólicos actualmente en tramitación en Galicia, que suman 90 parques, cunha potencia prevista de preto de 2.300 MW, equivalente a dúas centrais nucleares, e tamén a os outros 1000 MW eólicos, pendentes de instalación procedentes das adxudicacións de concursos eólicos anteriores, e que están sen desenvolver a día de hoxe. Isto impedirá que os propietarios rurais, e Comunidades de Montes, deixen de percibir unhas rendas próximas aos 13 millóns de euros/ano en concepto de arrendamento dos solares eólicos.

En canto aos parques actualmente existentes en Galicia, cuxa viabilidade económica se atopa seriamente ameazada pola eliminación das primas, as perdas de renda dos propietarios rurais e Comunidades de Montes, oscilarían entre os 6 e os 12 millóns de euros/ano, no caso máis desfavorable.

O desenvolvemento das plantas de biomasa previstas en Galicia, se ven igualmente afectadas polas disposicións do RDL, xa que son inviables economicamente sen un marco regulatorio de incentivos e primas, que as equipare ás plantas de biomasa do resto dos países da UE, e dos países da OCDE. Son máis de 80 MW de biomasa paralizados en Galicia, e 1.200 postos de traballo asociados no medio rural, que poderían ser viables cun marco regulatorio axeitado.

UUAA e Ventonoso denuncian todas estas medidas tomadas pola Xunta e o Goberno, que impiden que as enerxías renovables teñan un papel no rural galego, equivalente ao que xogan en países como Alemaña ou Dinamarca, onde máis do 20% da potencia eólica e doutras enerxías renovables, están en mans de cooperativas, agricultores e gandeiros, sendo un piar fundamental do desenvolvemento rural nestes países avanzados que non coñecen a crise a día de hoxe.

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Escriba un comentario: Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Es actualidad

  • Luz verde de Bruselas cambios en el PEPAC: los sistemas agrovoltaicos podrán recibir PAC 01/09/2025
  • Unió de Pagesos pide limitar las plantas solares en suelos agrarios de alta capacidad en Cataluña 30/06/2025
  • El Copa-Cogeca piden suprimir la doble contabilización por favorecer importaciones fraudulentas 16/06/2025
  • La planta fotovoltaica de Torrevieja afecta a suelo agrícola protegido según ASAJA 11/06/2025
  • UAGA presenta alegaciones contra tres macroproyectos solares por su impacto en suelos agrarios estratégicos en Araba 26/05/2025
  • Una planta solar pone en riesgo 126.000 cítricos en la Plana Baixa (Castellón) 19/05/2025
  • Denuncian presión a agricultores para ceder tierras a fotovoltaicas 09/04/2025
  • Agricultores y cooperativas piden mayor reconocimiento en la revisión del marco energético de la UE 17/03/2025

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2018 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web y obtener analítica web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo.Estoy de acuerdo