Xóvenes Agricultores denuncia que a empresa láctea francesa Lactalis está a reclamar estes días aos productores, a través do Tribunal Económico Administrativo, o pago da supertaxa láctea da campaña 1996 / 97.
E inaceptable que na difícil situación que está a atravesar o sector lácteo se intente cobrar unha supertaxa (multa por sobrepasar a cota de producción) de fai quince anos, derivada da xestión da empresa Puleva, que posteriormente foi adquirida por Lactalis, co beneplácito da Administración.
Hai que recordar que o Estado Español tiña participación en Puleva cando no ano 2.010 lle foi escandalosamente vendida á francesa Lactalis, polo que as posibles cargas deberan asumirse polo novo propietario.
Nesta supertaxa en cuestión existen múltiples erros que non se arranxaron no seu momento, como transferencias mal tramitadas, gandeiros que aparecen sen cota cando en realidade a tiñan, falta de información aos productores da xestión dos recursos ante o FEGA desta taxa, posibilidade de prescripcion da mesma etc.
As multas das que Xóvenes Agricultores ten coñecemento, e que aínda figuran en pesetas, varían entre 60 ptas. e 3.000.000 ptas.
Da a impresión que Lactalis pretende recaudar vía supertaxa o incremento do prezo do leite no primeiro trimestre do ano 2013.
A maior empresa que opera en España resulta ser a mais agresiva cos gandeiros no tema da supertaxa, sendo a única que esta a reclamar a multa desa campaña. Os gandeiros necesitan medidas de apoio e non medidas agresivas.
Nun momento onde estanse a cambiar as reglas do xogo nas relacións entre productores e gandeiros coas novas normativas, e ante a inminente desaparición das cotas lácteas, non é de recibo a actitude de Lactalis.
Xóvenes Agricultores demanda a intervención da Administracións Autonómica e Central para mediar na solución deste conflicto.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.