Unións Agrarias denuncia a cacicada electoral da Consellería do Medio Rural por anunciar no Diario Oficial de Galicia, o 25 de setembro de 2012, a apertura do prazo para a solicitude de axudas para o fomento de sistemas de produción de razas gandeiras autóctonas en réxime extensivo, para despois o 28 de decembro do mesmo ano deixar sen efecto a citada convocatoria.
O sindicato vai a iniciar unha campaña de denuncias ante unha falta de respecto tan escandalosa para uns produtores de gando en extensivo que supoñen un dos activos máis importantes desde o punto de vista social, ambiental e económico xa que a súa actividade en zonas de montaña e desfavorecidas permite manter vivas amplas zonas produtivas e garante unha barreira contra do lume forestal.
As axudas citadas, que estaban sendo recortadas anualmente tanto pola Xunta de Galicia como polo Goberno central desde a chegada do PP, son cofinanciadas pola Unión Europea que aporta 3 de cada 4 euros dos que percibe o gandeiro e que agora se perderán.
UUAA reclama de Medio Rural seriedade e sobre todo responsabilidade xa que se cada ano Galicia se gasta 60 millóns de euros en apagar lumes nos montes, so con 2 millóns de euros destinados as ganderías de extensivas, as franxas de proteccións que supoñen os pastos ían mellorar en moito a prevención contra dos incendios.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.