Os produtores lácteos de Galicia tomaron por unanimidade o inicio inmediato dun calendario indefinido de mobilizacións contundentes que irá acompañado dunha folga de entregas de leite a partir do día 27 de novembro.
Na histórica reunión desta mañá en Santiago de Compostela estaban representados a práctica totalidade das organizacións, federacións, cooperativas e asociacións nas que se agrupa o sector produtor de leite en Galicia. Todos eles manifestaron a súa profunda preocupación pola situación case terminal pola que atravesan as explotacións, acordando a posta en marcha de xeito inmediato de accións de presión contra das industrias, distribución e administracións que poñan freo ao espolio inmoral e ilegal que cada día sofren os gandeiros e gandeiras de Galicia.
Na mesa sectorial acordouse crear un grupo de traballo no que estarán presentes tódalas organizacións para o deseño das accións, a posta en marcha da loxística e a canalización da información aos produtores.
Desde as organizacións agrarias son conscientes de que a contundencia das accións que agora se preparan poden causar molestias para os consumidores aos que reclaman comprensión e apoio para evitar que comarcas enteiras se baleiren de actividade comercial quedando reducidas a miseria económica e social.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.