Diante determinadas declaracións de dirixentes dalgunha organización agraria, que poden xerar confusión entre os produtores galegos, a organización profesional agraria Xóvenes Agricultores vese na obriga de lembrar que xa hai acordo para a reducción de módulos na campaña da Renda de 2011 en gandería, trala reunión da Mesa da Seca do 27 de marzo pasado en Madrid e que, polo tanto, só falta a súa publicación no Boletín Oficial do Estado (BOE).
Dende Xóvenes Agricultores queremos puntualizar que na reunión mantida para examinar os efectos da seca que, na que houbo representación de ASAJA- Xóvenes Agricultores, se solicitou o axuste dos módulos da Renda do 2011 en gandería. Ademais propúxose un axuste do coeficiente corrector por pensos en estimación obxectiva.
Tras as xestións realizadas polos representantes de ASAJA, o subdirector xeral de IRPF xa anunciou que tramitaría neste mes de abril a reducción de módulos para a gandería extensiva, produtores de leite e apicultores para o ano 2011, polo que finalmente o leite cotizará ao 0.20, e a carne ao 0.07. Estes módulos son idénticos aos do ano 2010. É dicir, considérase que o rendemento neto dunha explotación de leite é o 20% dos ingresos, e no caso da carne o 7%. Polo tanto non cotizarán a 0,32 o leite nin ao 0,13 a carne, o que suporá unha importante vantaxe fiscal para os produtores.
Cabe mencionar que estas reduccións de módulos normalmente se publican no mes de maio, tal e como aconteceu cos módulos do 2010, cuxa orde se publicou o 6 de maio de 2011.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.