O Sindicato Labrego Galego da comarca de Compostela vén de manter encontros con representantes da Sociedade de Cazadores A Magdalena (O Pino) e do Coto de Caza Ribeiras do Tambre (Santiago e Oroso) co obxectivo de artellar algún tipo de colaboración de cara á frear os danos que provocan os xabarís nas terras agrarias da zona.
A Xunta de Galicia e, especialmente, as consellerías de Medio Ambiente e Medio Rural, teñen abandonado totalmente a súa responsabilidade como administracións competentes para facer fronte ás perdas millonarias que está a provocar o descontrol da fauna salvaxe nas explotacións agrarias.
Ante a falla de resposta por parte da administración, e ante a desesperación dos gandeiros e gandeiras da bisbarra compostelá, dende o SLG buscamos a complicidade dos cotos de caza para poñernos man a obra e acordar medidas preventivas nas épocas máis delicadas (abril, maio e setembro). Dende o SLG valoramos con satisfacción o resultado da xuntanza, que abre unha vía de colaboración na zona, que agardamos que ter resultados positivos axiña.
Para desenvolver esta colaboración, estase a facer un traballo de identificación das zonas máis vulnerables, polo que dende as oficinas do Sindicato Labrego en Compostela estamos recollendo información sobre os danos provocados polo xabaril nas explotacións agrogandeiras e forestais durante os dous últimos anos. É por isto que, dende o SLG, se fixo un chamamento a todas aquelas gandeiras e gandeiros que sufriran ataques de xabaril, no período de tempo devandito, para que se acheguen a denuncialo -tanto nas nosas oficinas como no 981 588 532- de cara a poder delimitar as zonas nas que máis urxen accións preventivas.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.