Agrodigital

la web del campo

  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Frutas y hortalizas
    • Vino
    • Olivar
    • Remolacha y azúcar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
    • Insumos agrícolas
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • Política agraria España
    • Política agraria países terceros
    • OMC – Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • CC.AA.
    • Castilla y León
  • Legislación
  • Varios
    • Artículos
    • Buscador
    • Anuncios clasificados
    • Contacto
    • Newsletter
Está aquí: Home / Medio ambiente / Medio Ambiente / UUAA reclama a Xunta financiamento e unificación nos criterios nas esixencias da Rede Natura aos gandeiros e agricultores

           

UUAA reclama a Xunta financiamento e unificación nos criterios nas esixencias da Rede Natura aos gandeiros e agricultores

20/03/2012

O sindicato Unións Agrarias denunciou esta mañá en rolda de prensa o impacto no rural galego da ampliación da Rede Natura 2000, e as alegacións presentadas pola organización agraria, a fin de garantir a continuidade da actividade agraria, gandeira e forestal nestas zonas, de xeito que sexan compatibles coa protección da natureza. Na presente ampliación a Xunta ten previsto incorporar case 150.000 novas ha de superficie á Rede Natura galega, ata completar medio millón de ha, un 15% da superficie galega, concretados na creación de 21 novos LIC, (Lugares de Interese Comunitario), e a ampliación da superficie outros 28 LIC xa existentes.

UUAA solicitou unha nova ampliación do prazo de exposición pública, que finaliza o día de hoxe tras unha prórroga extraordinaria dun mes dada pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a fin de proceder a unha campaña de información sobre os efectos da ampliación da Rede Natura nas explotacións e actividade produtiva dos 33 novos concellos rurais aos que afecta a ampliación.

Neste momento hai unha verdadeira alarma social no rural galego pola desinformación coa que se está a desenvolver este proceso. Estes efectos da declaración teñen que ver básicamente con limitacións das posibilidades de modernizar ou construir novas explotacións, ou con limitacións no manexo do gando e nas prácticas agronómicas e forestais para os terreos incluídos dentro da Rede Natura.

O sindicato entende que esta prórroga debería de estenderse ata contar cun avance do Plan Director da Rede Natura de Galicia, que inclúa unha proposta de zonificación das novas 150.000 ha que se incorporan a Rede Natura, xa que o avance do Plan actualmente existente, só da unha orientación da xestión que se fará nas 350.000 ha da Rede Natura actualmente declaradas, pero non nas que se incorporarán na ampliación en curso. Hai que salientar que a elaboración deste Plan Director leva un retraso dun ano o que podería implicar para a Xunta de Galicia, sancións da UE.

Unións Agrarias solicitará igualmente que se activen as medidas de pagos compensatorios para as explotacións agrarias en Rede Natura que figuran no PDR e no Regulamento dos fondos do FEADER da UE, medidas que a Xunta de Galicia non ten posto en marcha ao día de hoxe, e que permitirían compensar con ata 500 euros/ha aos titulares de explotacións que tiveran que limitar a súa actividade pola declaración da Rede Natura.

A idea da Rede Natura 2000, en tanto en canto ocupa un 17% da superficie da UE, non é construir reservas naturais ou conxelar a actividade produtiva dos lugares que a constitúen, senón evitar o seu deterioro ou recuperalos si están degradados, o que implica na maior parte dos casos, a continuidade da actividade produtiva que mesmo xeraron as valiosas características naturais e medioambientais que hoxe se recoñece como medio ambientalmente valiosas é necesario de protexer.

No caso galego, esta planificación se concretará no Plan Director e na posterior redacción dos 77 Plans de Xestión individualizados para cada espazo protexido pola Rede Natura, que será o momento no que se concreten as actividades permitidas, autorizables e prohibidas en cada zona, e como afectarán as medidas de xestión a cada explotación en particular. Estes Plans de Xestión teñen que cumprir os requerimentos fixados no Plan Director, e ao igual que este, levan retrasos de execución por parte da Xunta, sobre o calendario marcado pola UE.

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Escriba un comentario: Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Es actualidad

  • Alerta del impacto de los mega incendios en la fauna silvestre y su relación con el campo 04/09/2025
  • Unió de Pagesos pide actuar contra la fauna cinegética en sus fincas 30/07/2025
  • Castilla-La Mancha: denuncian que la sobrepoblación de conejos sigue fuera de control 11/07/2025
  • Los ayuntamientos valencianos ya pueden solicitar ayudas para controlar la sobrepoblación de jabalíes 10/07/2025
  • ¿Es este el año más frío del resto de su vida? 03/07/2025
  • Bruselas propone reducir un 90 % las emisiones de gases de efecto invernadero para 2040 03/07/2025
  • Una herramienta digital permite simular cómo afectará la erosión del suelo en los próximos 100 años 24/06/2025
  • Activado un plan de control poblacional de jabalíes en Girona 06/06/2025

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2018 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web y obtener analítica web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo.Estoy de acuerdo