O secretario xeral de Xóvenes Agricultores, Francisco Bello, cualificou hoxe de “desesperada” a situación que se vive no rural polos efectos ruínosos da seca nas explotacións gandeiras e agrarias. Se hai meses, no outono, a organización profesional agrarias alertaba sobre as repercusións negativas da falta de choiva e reclamaba axudas para agricultores e gandeiros, nestes momentos é “absolutamente urxente” pór en marcha “o protocolo que existe en casos de seca ou inundacións”, segundo afirmou Bello.
Comeza a escasear o subministro de alimentación –cereais e penso en concentrados e forraxes- para o gando e non hai apenas pastos que poidan aproveitar os animais; moitos agricultores plantéxanse incluso non facer sembra de produtos de horta; os custos globais de producción nas explotacións lácteas, por exemplo, incrementáronse en torno a un 20%. Nestas circunstancias, as perdas nunha explotación media de producción de leite pódense cifrar no entorno dos 9.000 euros.
XX. AA. demanda das Administracións que se impliquen cunha serie de medidas para paliar esta situación. Trataríase de pór en marcha axudas ou arbitrar préstamos a baixo interese para mercar forraxes e pensos, para facer fronte aos gastos de perforación de pozos de barrena ou para poder renegociar aqueles créditos que son coma unha lousa para as economías das explotacións. XX. AA. pide tamén que, con carácter urxente, se arbitren medidas fiscais como a condonación das cotas de cotización á Seguridade Social ou a reducción dos módulos do IRPF nas actividades agrícolas e gandeiras. As demandas de XX.AA. coinciden básicamente coas que hoxe mesmo plantexou a directiva de ASAJA nun encontro con responsables do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.